O poder do galego en escena co espectáculo ‘A lingua somos todos’
• A biblioteca municipal acollerá este venres 27, ás 19.30 h, unha actuación de música, relato e poesía ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede
Infogauda / O Rosal
A biblioteca municipal do Rosal converterase este venes 27 de decembro, ás 19.30 horas, no escenario do espectáculo ‘A lingua somos todos’, unha actividade para público infantil e familiar que forma parte do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede e que busca poñer en valor a potencialidade do galego como elemento de identificación e unión de toda a veciñanza.
Trátase dun espectáculo - con entrada de balde - que combinará música, relato e poesía da man de Emilio Rúa e X.C. Caneiro e que empregarán a lingua como elemento de unión. Como explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “esta actividade é unha oportunidade perfecta para achegar o galego a todas as xeracións nun formato artístico que emociona e conecta”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario