A música, un dos nexos de unión da Eurocidade Foz do Minho
Infogauda / Caminha
O pasado sábado, na vila de Caminha, desfrutamos da fin da primeira acción cultural conxunta da Eurocidade Foz do Minho (A Guarda, Caminha e O Rosal).
Tras dúas fins de semanas precedentes con clases maxistrais das Xornadas Instrumentais Eurocidade na Guarda; o día 21 os tres concellos uníronse para este Encontro de Bandas de Música.
O pavillón municipal Fernando Lima, de Caminha acolleu as actuacións da banda de música Agrupación Musical de A Guarda; da Agrupación Musica do Rosal e da Sociedade Musical Banda Lanhelense (Caminha).
O alcalde de A Guarda, o presidente da Câmara Municipal de Caminha e a alcaldesa do Rosal asistiron a este concerto, que agardamos que sexa o inicio de unha longa lista de eventos e accións conxuntas da Eurocidade Foz do Minho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario