21 de nov. de 2024

TUI

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO

Actividades programadas:     

 24 de novembro (domingo): no Monumento aos Mártires de Sobredo, conmemoración anual.     

 25 de novembro (luns), ás 19:30 horas, na Sala Félix Rodríguez (Edif. Francisco Sánchez), de Tui. Conferencia-Coloquio: “Sobredo. O legado do agrarismo miñoto para a República”




Marga do Val* / Tui

 Hai 102 anos, no 28 de novembro do ano 1922, no lugar de Sobredo (Guillarei - Tui) cando a Garda Civil disolveu a tiros unha concentración de labregas e labregos, tres persoas: Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis (Tui); Venancio González Romero, de Budiño (Salceda); e, Joaquín Estévez Besada, de Soutelo (Salceda); quedaron mortas e varias resultaron feridas;  participaban nun acto solidario de apoio a un veciño de Sobredo que ía ser embargado por non pagar rendas de Foros. Sobredo, dende ese momento, forma parte na memoria colectiva como símbolo e lugar no que a sociedade labrega galega é martirizada, unha sociedade agraria que loitaba pola plena propiedade da terra, único medio de sustento, nunha época de penuria e carencias ás que se trataba dar remedio coa emigración, naquela época a América; quedando as mulleres ao cargo da casa e familia.  

 O acto de homenaxe ten lugar ao pe do Monumento aos Mártires, da autoría do escultor Camilo Nogueira, obra levantada no décimo aniversario, en novembro de 1932, e dinamitada en xullo do 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista. Coa recuperación, dende 1986, a memoria dos feitos e a reconstrución do monumento, en 1988, por iniciativa de entidades veciñais (asociacións de veciños, asociacións culturais, comunidades de montes veciñais en man común), realízase anualmente o acto conmemorativo aos Mártires de Sobredo.     

 Neste ano 2024, no domingo 24 de novembro, realizarán intervencións:     

 Helena Pousa Ortega. Presidenta da Comisión pola Recuperación  da  Memoria  Histórica  do  Baixo  Miño, O Condado e A Louriña.     

 Susana Aríns. Escritora. Autora de Seique. Obra na que procura nesa desmemoria obrigada que impuxo o franquismo, e aborda as temáticas das execucións producidas por fascistas; a vida das mulleres na guerra/dictadura; as fosas comúns e a necesidade, aínda pendiente, de dó; os perpretadores; memoria familiar; rexistros, saqueos e expropiacións levados a termo polos sublevados; violencia de xénero. 



    

 Os actos desenvolveranse de acordo ao seguinte programa:    

 No luns 25 de novembro ás 19:30 horas, na Sala Félix Rodríguez (Edif. Francisco Sánchez), de Tui, está programada a conferencia e coloquio: “Sobredo. O legado do agrarismo miñoto para a República”, con Natalia Jorge Pereira, historiadora e autora da tese doutoral: Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as dictaduras de Franco e Salazar.

 Directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario