“A ciencia da adolescencia” este mércores en Tui con Arantxa Treus e Leticia Costas
A actriz e a divulgadora científica abordarán con humor e empatía as claves desta etapa vital
Infogauda / Tui
Dentro da programación do 25N, do Concello de Tui, a Sala Félix Rodríguez acollerá este mércores, ás 19 h, a charla “A Ciencia da Adolescencia”. Na mesma a actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas abordarán con humor, empatía e neurociencia as situacións máis habituais que viven as familias no seu día a día con adolescentes.
A adolescencia é unha etapa que conleva desafíos e problemas de comunicación cos e coas adolescentes. Aínda que non sempre entendamos as súas condutas a meirande parte dos seus actos e actitudes son naturais e teñen unha explicación científica coma este mércores explicarán Arantxa Treus e Leticia Costas. Xuntas darán consellos útiles para tender pontes e ver a incrible capacidade do cerebro adolescente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario