5 de nov. de 2024

OIA

Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Oia reúnense para tratar asuntos relacionados co saneamento

Tamén avaliaron a repercusión que terá no sistema de depuración municipal a conversión do Mosteiro de Santa María a Real en hotel


A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, reuníronse recentemente en Santiago de Compostela
Foto: X.G.

Infogauda / Oia

 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, reuníronse recentemente en Santiago de Compostela, para abordar asuntos relacionados co saneamento.  

 Durante o encontro, a conselleira e a rexedora coincidiron na necesidade de levar a cabo unha análise da situación do saneamento tanto no núcleo urbano como na zona rural da localidade de cara a identificar posibles necesidades de mellora para ofrecer un mellor servizo á cidadanía.  

 Nesa liña, Ángeles Vázquez informou á alcaldesa de que os técnicos de Augas de Galicia colaborarán co persoal municipal tanto na elaboración desa diagnose como na avaliación das medidas que fose necesario implementar.  

 A maiores, tamén avaliaron a repercusión que terá no sistema de depuración municipal a conversión do Mosteiro de Santa María a Real en hotel.  

 A conselleira reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario