ATLETISMO
ALEJANDRO SANTOS ADROVER, LOGROU O OURO NA CATEGORÍA SUB-16 MASCULINA
No Cros Ponte Romana, 7ª edición (2024)
Alejandro Santos Adrover - no centro - con Xoel Franco García e Pablo Vázquez Maiztegui
Fotos: Cedidas
Infogauda / Deportes
O atletismo rosaleiro vén de lograr un novo éxito deportivo. O artífice foi o atleta Alejandro Santos Adrover, da categoría Sub-16 masculina, que fixo unha magnífica actuación no Cros Ponte Romana, celebrado na mañá de onte, no Parque do Pazo de Feiras e Congresos, de Lugo.
O atleta rosaleiro, que fixo unha fantástica carreira, liderándoa desde o 1,5 km ata a meta final, logrou un rexistro de 00:12:28, proclamándose vencedor da súa categoría.
Foron 3.870 metros de esforzo e superación, nos que Alejandro Souto Adrover demostrou seu liderado, superando aos seus inmediatos rivais, Xoel Franco García, que fixo un tempo de 00:12:45, e Pablo Vázquez Maiztegui, que parou o crono nos 00:12:53.
Ningún comentario:
Publicar un comentario