25 de nov. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA ACABA A TEMPADA 2024 CON VITORIA E PODERÍO 

 No Campionato Nacional de Curta Matogueira Longo de Portugal, coas cores do Sport Lisboa e Benfica


Os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira, xunto a outro atleta do equipo Sub-18 do Sport Lisboa e Benfica
Álex e Christian Sierpes Pereira con Integrantes da expedición do Sport Lisboa e Benfica

 

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Esta pasada fin de semana os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira concentráronse desde o sábado moi cedo coa expedición do Benfica Atletismo, con moitos nomes e apelidos entre eles, da talla de renome a nivel mundial, podendo compartir a convivencia do día a día de portas abertas durante toda esta fin de semana para gozar deste gran campionato cos profesionais e máis referentes deste xigante atlético lisboeta, para empezar, a entender a aprendizaxe e ir aprendendo a mecanizar pouco a pouco, os valores que dispón este gran club, a infraestrutura  que representa este escudo, para que a súa formación sexa a máis adecuada e axude a crecer aos máis novos en etapas de formación ata chegar ao ámbito da elite profesional. 

 O devandito campionato organizábao a Federación Portuguesa de Atletismo, co apoio da Asociación de Atletismo Braga e a Câmara Municipal de Guimarães.

 O circuíto estaba situado no parque de deportes con chegada no interior da pista Xemelgos Castro. 

 Unha vez máis, os atletas guardeses medíronse aos mellores especialistas portugueses do momento, sobre un percorrido de 5.000 metros sobre herba con finalización da proba na contra recta do interior de pista. 

 Na primeira parte da proba houbo ataques moi fortes e agresivos por parte dalgúns atletas, pero Álex sempre se mantivo firme no segundo grupo compacto dunha vintena de atletas que o formaban. Soubo ter paciencia e aguantar todas esas arremetidas, e no último tramo e desenlace da carreira a falta de 1,5km xa empezaron as hostilidades dos favoritos e no grupo de cabeceira da proba quedaría en cousa de tres, onde se atopaban o campión portugués e lucense representando ao Braga (3º en Itálica - Sevilla). 

 A falta de 1 km, Teo de Frutos xa non aguantou un forte cambio de ritmo que propinou Afonso Gomes, do Braga, quedando a vitoria entre eles dous. 

 Álex aguantou moi cómodo o forte ritmo que impuxo Gomes ata que a falta de 400 metros aproximadamente, Sierpes rebentou a carreira cun explosivo e contundente cambio de ritmo que levou ata meta, para romper a cinta como vencedor da proba, parando o crono en 15´33". 

 Unha vez máis Álex Sierpes teríalle que ceder o título ao atleta bracarense Afonso Gomes por non dispoñer da nacionalidade portuguesa e computar como estranxeiro internacional. Sierpes terase que conformar con seguir a súa formación, proxección neste tipo de eventos, ata tentar conseguir nutrir o primeiro equipo profesional senior que é a verdadeira razón desta aposta de futuro. 

 Xa por detrás, o seu irmán Christian Sierpes entraría atrasado na 18ª posición, certificando o alto nivel que dispoñía a proba, parando o crono en 16`43" .

 Dese xeito, o guardés Álex Sierpes, en 15 días certifica que é o atleta máis laureado e en forma, sendo un referente do campo a través tanto en España como en Portugal, tras conseguir dúas contundentes vitorias no barro, vencendo a semana pasada en Itálica (Sevilla) no Campionato de España de clubs e esta fin de semana pasada en Guimarães no Nacional de Campo a través de Portugal. 

 Moitas felicidades Álex e Christian Sierpes Pereira, felicitación extensiva a seus adestradores Javier e Patricia. E agradecer de xeito especial ao grupo de adestramento de Ricardo Ribas que adestra a compañeiros de Sport Lisboa Benfica, do panel de medio fondo e fondo, onde comparten esporadicamente adestramentos directamente con eles en Guimarães e por suposto ao Sport Lisboa Benfica, e a HOKA, porque sen eles isto non sería posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario