4 de nov. de 2024

CULTURA

Valentín García pon en valor a investigación de Miguel Ángel Martínez sobre a figura da Bela Otero 

O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro ‘A Bela Otero’ e a inauguración da exposición que recolle postais e documentos sobre a vida da artista


La Bella Otero
Foto: ReutLinger


Infogauda / Pontevedra

 O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación do libro A Bela Otero de Miguel Ángel Martínez Coello onde salientou o traballo de investigación realizado polo autor sobre a vida desta artista que naceu en Valga no ano 1868. Con motivo desta conferencia, o centro da Universidade Nacional a Distancia en Pontevedra acolle a exposición na que se amosan postais, imaxes e documentos sobre a vida de Carolina Otero, máis coñecida como a Bela Otero.  

 O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, puxo en valor a figura desta galega que “acabou converténdose nunha icona da Belle Époque e que foi coñecida en toda Europa”. Neste senso, Valentín García fixo fincapé na “importante aportación que fai a publicación desta obra á literatura galega, polo valor dos documentos que recuperan a memoria dunha personaxe senlleira na historia dos nosos devanceiros e que tivo un forte impacto cultural e artístico”.  

 No marco desta conferencia, o secretario xeral da Lingua salientou o compromiso do Goberno galego no impulso de iniciativas que promovan a creación literaria en galego en diversos eidos e para todos os públicos como a convocatoria de certames, presentacións ou feiras.  

Un autor polifacético e unha biografía ampla 

 Miguel Ángel Martínez Coello, nado Ourense en 1952, é un artista que desenvolve a súa creatividade en diversos eidos como a pintura, o debuxo, a escultura ou a cerámica. Realizou exposicións en todo mundo e exerceu a docencia na Escola de Artes e Oficios de Ourense e Verín. Desde o 2007 comezou a publicar obras sobre poesía, narracións e temas etnográficos. Ademais leva publicados máis de 200 artigos documentais sobre a cultura, tradicións, xentes, balnearios e patrimonio galego.  

 A Bela Otero é unha recompilación de documentos, postais e imaxes que contextualizan a figura desta muller que naceu en Valga e viviu durante finais do século XIX e principios do XX na Francia da Belle Époque. Carolina Otero foi bailarina, cantante, actriz e cortesá, e acabou converténdose nunha icona a nivel internacional que xerou un gran impacto na cultura e na arte do contexto europeo da época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario