O DETERIORO DO TRANSPORTE PÚBLICO NA COMARCA DO BAIXO MIÑO E A SOLICITUDE DUN SERVIZO QUE SE AXUSTE ÁS NECESIDADES DA CIDADANÍA GUARDESA
• Serán algúns dos asuntos a tratar na sesión plenaria que a Corporación Municipal de A Guarda, abordará na sesión deste mércores día 27 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
As persoas usuarias do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada, mediante autobuses de liña, entre A Guarda e Vigo, por Tui e por Baiona, xa coñeceron mellores días, especialmente no que respecta á cabida de viaxeiros e horarios. Non o decimos nós, o dín centenares de persoas usuarias do devandito servizo, que coñecen de preto, en primeira persoa - é decir por haber sufrido directamente as consecuencias - dun servizo de transporte de viaxeiros mediante autobuses de liña, a todas luces ineficaz, insuficiente e impropio dos tempos actuais.
Con esas eivas, perfectamente constatables, por moito que desde o Goberno autonómico galego, afirmasen non ter coñecemento das incidencias, é o motivo polo cal centenares de persoas subscribiron un documento - dirixido aos concellos do Val Miñor e do Baixo Miño - no cal, as persoas asinantes manifestaron o seguinte:
“Á att. do departamento correspondente dos Concellos de Val Miñor e Baixo Miño.
Pola presente queremos informar dun inconveniente que temos os traballadores, estudantes e usuarios das zoas que afectan os Concellos arriba mencionados con referencia ao transporte público dos viaxes que unen dende A Guarda aos hospitais do Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro tanto na ruta do Val Miñor coma do Baixo Miño, sendo os servicios escasos e sen poder beneficiarnos deles nos casos das horas de entrada e saída dos turnos de traballo, así coma os usuarios, que teñen consultas a primeira hora ou derradeira para a chegada a tempo ou regreso o seu domicilio.
Polas razóns mencionadas.
SOLICÍTASE:
Que tanto os Concellos coma a empresa pública de transporte que regula as zoas mencionadas, chegen a un acordo do horario para que poida cubrirse as necesidades de todaIas persoas afectadas e chegen a un acordo, sendo o horario precisado o seguinte:
Chegadas
• Quenda de mañá: chegada á parada derradeira (último hospital segundo a ruta) ás 7:45h.
• Quenda de tarde: chegada á parada derradeira (último hospital segundo a ruta) ás 14:45h.
• Quenda de noite: chegada á parada derradeira (último hospital segundo a ruta) ás 21:45h.
Saídas:
• Quenda de mañá: saída da primeira parada (primeiro hospital segundo a ruta) ás 8:15h.
• Quenda de tarde: saída da primeira parada (primeiro hospital segundo a ruta) 15:15h.
• Quenda de noite: saída da primeira parada (primeiro hospital segundo a ruta) 22:15h.
E para rematar, e para que conste a necesidade e o interese do arriba solicitado pola veciñanza das zoas afectadas, é polo que facemos unha recollida de signaturas co desexo de que se tome en consideración a solicitude polos Concellos de interese, e pódase realizar as accións necesarias para que den resposta á solicitude a cal presentamos por Rexistro nos mesmos.
Así mesmo, facémoslle chegar unha copia do escrito presentado á empresa de transporte para que teña constancia do presente”.
Todo o que solicitaron as persoas que asinaron esa solicitude debera ser tido en consideración, non soio pola empresa concesionaria - Lugove - do servizo de transporte de viaxeiros mediante autobuses de liña, senón tamén polas autoridades correspondentes, para que con coñecemento de causa procedesen a atender as léxitimas demandas das persoas usuarias.
O que non pode admitirse, baixo ningún concepto é deixar sen servizo a viaxeiros que estaban agardando polo autobús no Hospital Álvaro Cunqueiro, poñamos por caso, como así se nos referíu por varias persoas usuarias dese medio de transporte colectivo, tendo que buscar medios de transporte alternativos para retornar a seu pobo de orixe, cos conseguintes quebrantos económicos e persoais, que iso conleva.
Consideramos que á cidadanía das comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño non está tendo o servizo de transporte de viaxeiros que por dereito lle corresponde. Nin tampouco á atención telefónica, por parte de Lugove. Esas son, unhas das razóns, polas cales, a Corporación Municipal do Concello de A Guarda, tratará ese tema na sesión plenaria ordinaria, que se celebrará este mércores día 27 de novembro.
Pleno ordinario do Concello de A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, convocou sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, para este mércores, 27 de novembro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.
Os asuntos a tratar na devandita sesión, serán os seguintes:
1. Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 25.09.2024, da sesión extraordinaria de data 22.10.2024, da sesión extraordinaria urxente de data 23.10.2024 e da sesión extraordinaria de data 14.11.2024
2. Expediente 3141/2024. DAR CONTA DOS DECRETOS DENDE O 16.09.2024 ATA O 15.11.2024
3. Expediente 3143/2024. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4. Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO TERCEIRO TRIMESTRE 2024.
5. Expediente 1469/2023. DAR CONTA DA NOVA COMPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR.
6. Expediente 1781/2023. DAR CONTA DA MODIFICACIÓN COMPOSICIÓN XUNTA GOBERNO LOCAL NOVEMBRO 2024.
7. Expediente 1780/2023. DAR CONTA DA MODIFICACIÓN DO NOMEAMENTO DOS CONCELLEIROS DELEGADOS E DELEGACIÓN COMPETENCIAS.
8. Expediente 617/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA APROBACIÓN PROXECTO REFORMA PISCINA PIREP.
9. Expediente 2955/2024. PROPOSTA ALCALDÍA INICIO EXPEDIENTE LICITACIÓN OBRA REFORMA PISCINA PIREP.
10.Expediente 1856/2024. PROPOSTA ALCALDÍA DECLARACIÓN DESERTA LICITACIÓN CONCESIÓN PISCINA 2024.
11.Expediente 285/2024. PROPOSTA ALCALDÍA ADHESIÓN CONVENIO CAAN 2024.
12.Expediente 3096/2024. PROPOSTA ALCALDÍA APOIO DECLARACIÓN INSTITUCIONAL FEMP “DIA INTERNACIONAL ELIMINACIÓN VIOLENCIA CONTRA LA MUJER”.
13.Expediente 1789/2023. MODIFICACIÓN PROPOSTA NOMEAMENTO REPRESENTANTES MANCOMUNIDADE BAIXO MIÑO NOVEMBRO 2024.
14.Expediente 3097/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA Á SITUACIÓN DO IDIOMA PROPIO DA GALIZA E Á ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A SÚA NORMALIZACIÓN.
15.Expediente 3098/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A GRAVE SITUACIÓN E O DETERIORO DO SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO NA COMARCA DO BAIXO MIÑO.
16.Expediente 3100/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA Á REIVINDICACIÓN DO DÍA 25 DE NOVEMBRO E Á NECESIDADE DE IMPULSAR COMPROMISOS ECONÓMICOS E ORZAMENTARIOS PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á VIOLENCIA MACHISTA.
17.Expediente 3111/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL PSOE PARA SOLICITAR UN TRANSPORTE PÚBLICO QUE SE AXUSTE ÁS NECESIDADES DA CIDADANÍA GUARDESA.
18.Expediente 3118/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DA GUARDA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
19.Expediente 3130/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DA GUARDA SOLICITANDO A COMPARECENCIA EN PLENO DO CONCELLEIRO DE EMPRESA, COMERCIO, INDUSTRIA, EMPREGO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA.
20.ROGOS E PREGUNTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario