XULIA VICENTE VAQUERO, GALARDOADA NOS PREMIOS PARAGUAS 2024
• Fóronlle outorgados o Premio Novo Talento, así como o Premio do Público pola súa obra “O que nada ten, nada lle falta”
Infogauda / A Guarda
A guardesa Xulia Vicente Vaquero foi galardoada en dúas ocasións nos Premios Paraguas 2024, celebrados onte en Ferrol, recoñecendo a súa gran labor na industria da comunicación galega.
A Xulia Vicente fóronlle outorgados o Premio Novo Talento, así como o Premio do Público pola súa obra “O que nada ten, nada lle falta”.
Estes premios, que destacan a excelencia e o talento na comunicación en Galicia, son unha mostra do esforzo e a creatividade da nosa xente.
Desde o Concello de A Guarda, felicitan a Xulia Vicente Vaquero "polo seu éxito e pola súa contribución á cultura galega, animándoa a seguir abrindo camiños na súa carreira profesional".
Ningún comentario:
Publicar un comentario