14 de nov. de 2024

A GUARDA

ANABAM: OS NIÑOS ARTIFICIAIS PARA AS AGUIAS ESTÁN POTENCIANDO AS VISITAS ORNITOLÓXICAS Á MARISMA DE SALCIDOS     





Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda 

 A instalación dos primeiros niños en Galicia destinados ás aguias peixeiras (Pandion haliaetus) colocados pola nosa asociación na marisma de Salcidos, supoñen un atractivo non só para as aguias, que están utilizando o pousadoiro situado enriba do cesto practicamente dende a colocación destes elementos, senón, tamén, para moitas persoas que se están achegando á observar estas impresionantes aves, grazas precisamente, aos niños artificiais colocados o pasado sábado 9 deste mes de novembro, revalorizando, deste xeito, o interese desta zona, esperando que sirva para crear novas conciencias de cara á preservación deste espazo natural, incluído na Rede Natura, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e  Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), así como da súa biodiversidade.        

 A instalación destes niños supón a segunda intervención de ANABAM nesta marisma, logo de que no ano 1987 fosen instalados os dous observatorios ornitolóxicos existentes.

 As imaxes que axuntamos foron facilitadas polo membro de ANABAM, Luís Dorado Senra, tiradas no día de onte dende as inmediacións do observatorio da Regueira Ancha, na mesma marisma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario