28 de nov. de 2024

A GUARDA

Ábrese o prazo para pedir citas para a renovación do DNI na Guarda 

   


Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que o mércores 4 de decembro pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI). 

 Nesa data - 4 de decembro - pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00. É obrigatorio ter cita previa para poder renovar o DNI o próximo día 11 de decembro.  

 Finalmente, o luns 16 de decembro sería o día de recollida do DNI. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario