A película ‘O Corno’ chega A Guarda
A proxección será o venres 15 de novembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O venres 15 de novembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da vila, desfrutaremos dunha das películas con máis sona do 2023, a longametraxe “O Corno”, gañadora da Concha de Oro, a Mellor Película, na 71ª edición do Festival Internacional de San Sebastián (SSIF) en 2023; e Premio Goya a mellor actriz revelación 2023 para Janet Novás.
A película de Jaione Camborda lévanos á Illa de Arousa. Alí, no ano 1971, María unha muller que se gaña a vida recollendo marisco, é coñecida pola súa axuda nos partos de mulleres. Mais tras un inesperado suceso vese na obriga de fuxir e comeza unha perigosa travesía pola supervivencia. En busca da liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
Esta proxección inclúese dentro da programación de A Guarda para o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Conta co financiamento do VII Ciclo nacional de cine y mujeres rurales, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario