CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS/AS SINDICAIS PARA DENUNCIAR O BOICOT DO GOBERNO LOCAL A INSTALACIÓN DUN MONUMENTO CONMEMORATIVO DAS LOITAS OBREIRAS DE 1972
• Este xoves, 17 de outubro, ás 11:00 horas, diante do Concello de Vigo
A imaxe corresponde á protesta de delegados/as da CIG do pasado 26 de setembro de 2024, diante do consistorio vigués, para denunciar os intentos do alcalde de “borrar a memoria obreira” da cidade
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Este xoves, 17 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, diante da Casa do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/nº), a CIG desenvolverá unha concentración de delegados/as sindicais para denunciar o boicot do Goberno local á instalación dun monumento sufragado integramente pola central sindical para conmemorar as loitas obreiras que tiveron lugar na cidade en setembro de 1972.
Ningún comentario:
Publicar un comentario