A Deputación destina máis de 50.000 euros para que 23 concellos da provincia equipen os locais municipais destinados á mocidade
• O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.500 e os máis de 4.000 euros para adquirir equipamentos e outros materiais inventariables para mellorar as dotacións destes espazos
Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o reparto de algo máis de 50.000 euros entre 23 concellos da provincia ao abeiro do programa O teu espazo xuvenil. Esta iniciativa, destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, tiña por obxectivo financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade. “Seguimos, así, cumprindo co compromiso de situar á mocidade como un dos elementos clave na transformación da nosa provincia, porque é unhas das pedras angulares deste goberno provincial”, asegurou o presidente Luis López.
Desta maneira, tal e como avanzou López, os concellos recibirán axudas que oscilan entre os 1.500 e os máis de 4.000 euros que servirán para financiar ata o 80% do orzamento dos seus respectivos proxectos que mobilizarán, en total, máis de 70.000 euros. Con estes recursos provinciais, os concellos poderán adquirir equipamentos e outros materiais inventariables para mellorar as dotacións do espazos xuvenís municipais.
En concreto, O teu espazo xuvenil destinará 1.500 para A Guarda, A Illa de Arousa recibirá 2.100 €, A Lama 2.083 €, As Neves 2.100 €, Baiona 1.506 €, Barro 2.100 €, Cerdedo-Cotobade 2.761 €, Fornelos de Montes 3.776 €, Gondomar 1.500 €, Meaño 2.043 €, Moaña 1.500 €, Mondariz Balneario 2.100 €m Mos 3.977 €, O Grove 1.645 €, Ponte Caldelas 2.100 €, Pontecesures 1.294 €, Portas 2.160 €, Ribadumia 2.100 €, Silleda 2.100 €, Valga 1.680 €, Vila de Cruces 2.545 €, Vilaboa 2.134 € e Vilanova de Arousa 4.200 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario