26 de out. de 2024

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra repartirá no conxunto da provincia 900.000 euros entre 80 clubs deportivos de 25 concellos 

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 900 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións e adestramento, de persoal, de material deportivo e sanitarios


Pazo da deputación provincial de Pontevedra
Fonte: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 No conxunto da provincia repartiranse 900.000 euros entre 80 clubs deportivos de 25 concellos, de disciplinas como fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, fútbol, ciclismo, natación, baloncesto, surf, tiro con arco, hóckey, orientación, esgrima, waterpolo, patinaxe, squash ou, entre outros, atletismo. Todos eles beneficiaranse de achegas que oscilan entre os 900 e os 35.000 €, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que participen.  

 “Sentímonos moi orgullosos desta liña de axudas que foi renovada este ano para corrixir os desequilibrios que se viñan dando en convocatorias anteriores –explicou o presidente provincial, Luis López-. O obxectivo principal era distribuír os recursos dun xeito máis equitativo e coido que o temos conseguido” Ademais, López lembrou a importancia de “apoiar a estas entidades como merecen, xa que os nosos deportistas nos referencian no mundo e os nosos clubs traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.  

Zona de Vigo e sur da provincia  

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte o reparto de 525.000 euros para 51 clubs deportivos de 13 concellos de Vigo e o sur da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os 1.000 e os 25.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos, de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios.  En Baiona o Baiña Fútbol Sala recibirá 9.448 €; na Cañiza o Club Balonmán Cañiza 20.000 €; en Gondomar a Agrupación Deportiva Vincios (tenis de mesa) 4.864 € e o Lóstrego Club de Fútbol 13.514 €; en Mos o Club de Fútbol Unión Deportiva Mos 18.910 € e o Club de Tenis de Mesa Mos 3.385 €; nas Neves o Club Bádminton As Neves 6.667 €; en Nigrán o Club Gallego de Surf 3.029 € e a Escola Deportiva Val Miñor 11.000 €; en Oia a Asociación Recreativa Ciclismo Oiense 7.265 €; e en Pazos de Borbén a Sociedade Deportiva de Pazos de Borbén (fútbol sala) recibe  9.070 €.  

 Por outra banda, en Ponteareas son cinco os clubs que contarán cunha achega ao abeiro desta liña: o Archers Team (tiro con arco) contará con 1.069 €, o Club Ciclista Ponteareas con 3.680 €, o Club Natación Ponteareas con 9.400 €, o Hoquei Club Ponteareas con 10.205 € e o Pontebike Team (ciclismo) con 1.992 €; no Porriño a Asociación Deportiva Avanza (ciclismo) contará con 3.825 € e o Master da Louriña con 20.000 €; en Redondela o C.D. Choco (fútbol) con 15.000 €, o Meigarco (tiro con arco) con 5.666 € e o Sociedade Atlética de Redondela (balonmán) con 15.000 €, e no Rosal o Sociedade Deportiva Atlética Novás (balonmán) con 25.000 €.  

 Por último, en Vigo recibirán axudas un total de 29 clubs deportivos que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. Son a Asociación Deportiva Famu (judo), que recibe 10.000 €; o Club Atletismo Feminino Celta, 10.000 €; o Club Deportivo Pasos-Baile Galicia, 3.056 €; o Club Balonmano Reconquista de Vigo, 15.000 €; o Club Bowling Celta (birlo), 7.331 €; o Club Ciclista Coruxo, 1.682 €; o Club Ciclista Vigués, 9.763 €; o Club Cíes Squash, 6.712 €; o Club de Baloncesto Seis do Nadal-Coia, 15.000 €; Club de Esgrima de Vigo El Olivo, 3.561 €; o Club Deportivo Delikia (tríatlon), 10.000 €; o Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo (patinaxe en liña), 5.076 €; o Club Deportivo IES Coruxo Fútbol Sala, 13.253 €; o Club Deportivo Mosteiro Bembrive F.S. (fútbol sala), 16.306 €; o Club Deportivo Xuvenil Teis (voleibol), 10.059 €; o Club Escola Rosalía (bádminton), 2.700 €; o Club Maniotas (ximnasia rítmica), 10.000 €; o Club Rápido de Bouzas (fútbol), 25.000 €; o Club Sociedad Deportiva Carballal (balonmán), 20.000 €; o Club Vigo Squash, 3.700 €; o Club Vigo Voleibol, 15.348 €; o Club Volei Praia Vigo, 5.000 €; as Escolas Deportivas Vigo 2015 Fútbol Sala, 10.527 €; o Gran Peña FC (fútbol), 22.829 €; o Illas Cíes Tenis de Mesa. 3.705 €; o Real Club Celta de Atletismo; 10.000 €; o Sárdoma CF (fútbol), 17.914 €; o Trasnos Béisbol Club, 12.062 €, e o Traviesas Hockey Club, 11.589 €.  

Zona de Pontevedra  

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte o reparto de 140.000 euros para 12 clubs deportivos de dous concellos da contorna de Pontevedra que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os 2.000 e os 30.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos así como de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios.  

 Na contorna de Pontevedra reciben a achega dous equipos de Marín, o Club Baloncesto Peixe Fresco Marín, que contará con 15.000 €, e o XSM Clube Ciclista, con 2.064 €. Pola súa banda, en Pontevedra as axudas chegan a un total de dez entidades deportivas. Desta maneira, o Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo (orientación) recibirá 6.155 €, o Club Baloncesto Arxil de Pontevedra 30.000 €, o Club Cisne de Balonmán 25.000 €, o Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra 6.690 €, o Club Leis 26 F.S. Pontevedra (fútbol sala) 10.670 €, o Club Natación Galaico 10.000 €, o Club Waterpolo Pontevedra 14.076 €, a Sociedade Deportiva Teucro Pontevedra (balonmán) 15.000 €, o Squash Rías Baixas 4.352 € e o Tenis de Mesa Pontevedra 2.928 €.  

Zona do Salnés  

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tamén o reparto de 120.000 euros para nove clubs deportivos de cinco concellos da contorna do Salnés e Arousa que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os 900 e os 35.000 euros e permitiranlles.  

 Na contorna do Salnés e Arousa, no concello de Cambados o Club Cambados Tenis de Mesa recibe unha achega de 2.984 €; en Catoira o Kennel DEN (mushing) 1.345 €, e, en Meaño contarán con achegas a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (tenis de mesa), que recibe 863 €, e a Asociación Deportiva e Cultural Asmubal Meaño (balonmán), 14.663 €. Ademais, en Sanxenxo contarán cunha achega o Atlético Villalonga Fútbol Feminino, 35.000 €, e o PC Salvamento Sanxenxo (salvamento e socorrismo), 5.792 €, e en Vilagarcía de Arousa son tres os clubs que reciben as axudas: a Agrupación Deportiva Cortegada Carril Vilagarcía (baloncesto) recibe 28.428 €, o Arosa Sociedad Cultural (fútbol) 30.000 € e o Motoclub VFM 896 €.  

Zona do Morrazo  

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tamén o reparto de 55.000 euros para tres clubs deportivos de Bueu e Cangas que participan en competicións oficiais de ámbito estatal.  

 En Bueu recibe a axuda o Club Bueu Atlético Balonmán, que contará con 15.000 euros, mentres que en Cangas os beneficiarios das achegas son o Alondras Club de Fútbol, con 25.000 €, e o Luceros (balonmán), que recibe 15.000 €.  

Zona de Deza-Terra de Montes  

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou igualmente o reparto de preto de 60.000 euros para cinco clubs deportivos de tres concellos da comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os preto de 1.600 e os 25.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos, de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios.  

 Na comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, no concello da Estrada o Estrada Futsal (fútbol sala) recibirá 12.981 € e o Club Deportivo Estradense (fútbol) 25.000 €. En Lalín serán beneficiarios desta liña de axudas provinciais o Club Balonmán Lalín, con 15.000 €, e o Extol-La Gramola Team (ciclismo), con 3.352 €. E, por último, en Silleda será o RG Bikes Scott Team (ciclismo) o que reciba 1.573 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario