24 de out. de 2024

CULTURA

A Deputación reparte 100.000 euros entre 26 escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro de 20 concellos da provincia 

As axudas, dotadas con 10.000 € máis que o pasado ano, permitirán ás entidades financiar, entre outros, gastos de persoal, de material ou reparación e conservación dos seus locais


Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, na rolda de prensa de hoxe

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de 100.000 euros entre 26 escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro de 20 concellos da provincia, que recibirán entre 2.500 e preto de 5.000 €. Trátase dunha liña de axudas dotada con 10.000 euros máis que o pasado ano que permitirá ás escolas de música financiar, entre outros, gastos de persoal, de material ou de reparación e conservación dos seus locais. “Son axudas fundamentais para que as entidades sen ánimo de lucro manteñan con vida estas escolas en vilas e pobos da provincia máis alá das grandes cidades – asegurou o presidente Luis López-. Unha vez máis, poñémonos ao carón da cultura e avanzamos, neste eido, da man de entidades que están a promover e transmitir coñecementos e valores culturais”.  

 En concreto, a Asociación Amigos Banda de Música de Agolada recibirá 2.935 €; a Asociación Cultura e Xuventude de Barro 2.446 €; a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas, 2.690 €; a Banda de Música de Tenorio, de Cerdedo-Cotobade, 3.179 €; a Agrupación Musical de Vincios, de Gondomar, 4.256 €; a Banda de Música de Lalín e a Nova Banda de Música de Vilatuxe, ambas de Lalín, 3.913 e 4.158 €, respectivamente; a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, de Mos, 4.892 €; a Banda de Música de Rubiós, das Neves, 3.766 €, e a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo e a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns, ambas de Ponteareas, 4.500 e 3.913 €, respectivamente.  

 Por outra banda, a Asociación Música Cultural San Martiño de Salcedo, de Pontevedra, contará con 4.011 € para a súa escola de música; a Asociación Cultural e Social de Chapela, de Redondela, con 3.000 €; a Asociación Pro-Escola de Música do Concello de Ribadumia, con 4.500 €; a Asociación Agrupación Musical do Rosal, con 4.892 €; a Asociación Amigos da Música, de Salceda de Caselas, con 4.647 €; a Asociación Musical Artística de Arcade, de Soutomaior, con 3.082 €; a Asociación Sociocultural de Goián, de Tomiño, con 4.256 €; a Asociación Banda de Música Popular de Tui con 2.592 €; a Asociación Cultural e Musical de Vilaboa con 4.647 €, e a Asociación Pro-Escola de Música Concello de Vilanova de Arousa con 4.000 €.  

 Por último, en Vigo beneficiaranse destas achegas as escolas de música de cinco asociacións sen ánimo de lucro. Son a Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia, que recibe 3.669 €; a Asociación Banda Escola de Música de Beade, 4.158 €; a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Val do Fragoso, 3.082 €; a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida, 4.158 €, e a Unión Musical de Valladares de Vigo, 4.647 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario