O BNG da Guarda minte á cidadanía guardesa coa compra dos terreos do CIS
Grupo de Goberno do Concello de A Guarda
Este mércores algúns veciños e veciñas da Guarda víronse sorprendidos por unha fake new publicada nas redes sociais por Anxo Baz e o BNG da Guarda, tamén enviada á prensa, na que daba a entender que a corrupción urbanística paralizaba a compra dos terreos para o Centro Integral de Saúde da Guarda e que o alcalde, Roberto Carrero, estaba no centro da sospeita, indicando, ademais, que o alcalde viuse forzado a retirar da orde do día do pleno a compra dos terreos.
Ante estas acusacións, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, quixo emitir unha declaración institucional para toda a cidadanía:
Como todas as fake news, o redactor tendencioso busca algún feito verosímil ou que poida parecelo para converter en real a súa historia, coa que busca enganar ao maior número de persoas posibles. Neste caso, danse todos os elementos dunha fake new, contar unha mentira disfrazada dun feito verdadeiro.
Cando Anxo Baz di que “a corrupción urbanística paraliza a compra dos terreos”, oculta que, a posible corrupción estaría relacionada cunha denuncia da Comunidade de Montes contra o antigo presidente da mesma e nunca contra o Concello ou o alcalde que nada tiveron que ver nos feitos relatados pola Comunidade de Montes.
Asemade minte directamente á cidadanía cando apunta que “Roberto Carrero está no centro da sospeita”, ou que “coñecía” os supostos feitos cando estes actos son totalmente alleos ao Concello.
O alcalde non se “viu forzado a retirar” un asunto na orde do día do pleno senón que, diante dun escrito achegado pola Comunidade de Montes da Guarda, onde advertía dunha denuncia en trámite cara ao expresidente da Comunidade por posibles irregularidades ocorridas tempo atrás e baseándose nun principio de prudencia, namentres a comunidade de montes achega documentos das súas acusacións e para que os servizos xurídicos e técnicos do Concello valoren estas afirmacións, decidiuse con total normalidade, deixar na mesa ese punto da orde do día.
Esta denuncia en Fiscalía apunta ao expresidente da Comunidade de Montes por feitos aos que o Concello é alleo, non apunta o alcalde. No escrito da Comunidade de Montes recibido no Concello, indícanse distintos supostos de posibles delitos nos que en ningún deles estaría incluído o Concello ao ser unha controversia entre a Comunidade de Montes e seu anterior presidente.
O alcalde agradeceu á Comunidade de Montes a información enviada indicando que por parte dos servizos xurídicos do Concello revisaranse os mesmos en canto esta entidade os aporte. Como é de coñecemento xeral, o Concello da Guarda necesita terreos para o centro integral de saúde e pretende levar a cabo a adquisición a quen sexan os propietarios, independentemente dos litixios que poidan existir. Con todo, esta adquisición non estaba prevista no momento do pleno e o acordo plenario só pretendía dotar de crédito para poder facelo no futuro. Esta situación o único que xera é que a compra de terreos para o centro integral de saúde se dilate prexudicando os intereses da Guarda e a súa comarca.
É de resaltar que os prezos deses terreos axústanse a razóns técnicas e non a decisións políticas. Así, foron técnicos municipais os que determinaron, en base a criterios obxectivos, o prezo do metro cadrado. Polo que se lles pide encarecidamente ao BNG da Guarda que non poña en dúbida o traballo dos funcionarios e persoal laboral do Concello. Non hai ningunha recualificación de terreos. Os terreos adquiridos son e seguirán sendo terreos rústicos onde só se permiten usos agropecuarios e forestais; isto é madeira, explotacións gandeiras etc.; polo tanto, estes terreos teñen un valor concreto en si mesmos por eses usos forestais e ese valor é definido polos técnicos municipais. Nestes terreos rústicos a lei pemite, ademais deses usos agropecuarios, tamén a creación de dotacións para os municipios ou administracións en aras do interese xeral; é dicir: aí pódese constuir un Centro Integral de Saúde por ser unha dotacion de interese xeral imprescindible para o noso pobo.
Finalmente, o Goberno da Guarda pide ao BNG da Guarda que abandone a súa política de fake news, de noticias falsas, e faga o seu traballo con seriedade e sen manipulacion da verdade. Se non queren apoiar os proxectos positivos para A Guarda como este centro de saúde non lle pedimos que os apoie, pero polo menos non tente torpedealos, porque estes proxectos son bos para toda a cidadanía.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO ALCALDE DA GUARDA
Roberto José Álvarez Carrero, alcalde do Concello de A Guarda
O Concello da Guarda tivo coñecemento de falsas acusacións vertidas en medios de comunicación e rrss por Anxo Baz e o BNG da Guarda na que se daba a entender que a corrupción urbanística paralizaba a compra de terreos para o centro integral de saúde.
Ante esta sarta de bastas mentiras e manipulación por parte do BNG da Guarda debo manifestar a toda a cidadanía guardesa o seguinte:
1. É absolutamente falso que a corrupción urbanística no Concello da Guarda paralizara a compra de terreos para o Centro Integral de Saúde da Guarda. A realidade é que a posible corrupción estaría relacionada cunha presunta denuncia da Comunidade de Montes da Guarda contra o antigo presidente da comunidade. Por tanto, a controversia será, en todo caso, entre a Comunidade de Montes da Guarda e o antigo presidente da comunidade e nunca co Concello da Guarda.
2. É absolutamente falso que este alcalde que lles fala estea no centro da sospeita dunha trama de corrupción inexistente no concello. Pero o BNG da Guarda e o seu portavoz Anxo Baz están a terxiversar a verdade e tentando manipular esta situación con mentiras e acusacións falsas con tal de crebar persoalmente a este alcalde ou lograr o seu desgaste político. Xa lles adianto que non o lograrán.
3. Non me vin forzado a retirar un asunto na orde do día do pleno senón que se decidiu, diante dun escrito achegado pola Comunidade de Montes da Guarda, onde advertía dunha denuncia en trámite cara ao expresidente da Comunidade de Montes por posibles irregularidades ocorridas nesa comunidade de montes tempo atrás, por uns feitos aos que o Concello é totalmente alleo, e onde non se apunta nin ao Concello nin ao alcalde. A retirada do punto da orde do día débese a un principio de prudencia mentres a Comunidade de Montes achega documentos das súas acusacións cara ao anterior presidente da Comunidade como se solicitou desde o concello e para o efecto de comprobar por parte dos servizos xurídicos e técnicos do Concello estas afirmacións.
4. Como é de coñecemento xeral, o Concello da Guarda necesita terreos para o Centro Integral De Saúde e pretende levar a cabo a adquisición a quen sexa os propietarios, independentemente dos litixios que poidan existir. Con todo, esta adquisición non estaba prevista no momento do pleno e o acordo plenario só pretendía dotar de crédito para poder facelo no futuro. Esta situación o único que xera é que a compra de terreos para o Centro Integral de Saúde dilátese prexudicando os intereses da Guarda e a súa comarca.
5. É de resaltar que os prezos deses terreos axústanse a razóns técnicas e non a decisións políticas. Así, foron técnicos municipais os que determinaron, en base a criterios obxectivos, o prezo do metro cadrado. Polo que lles pido encarecidamente ao BNG da Guarda que non poña en dúbida o traballo dos funcionarios e persoal laboral do concello coas súas afirmacións gratuítas e carentes de sentido. Non hai ningunha recualificación de terreos. Os terreos adquiridos son e seguirán sendo terreos rústicos onde só permítense usos agropecuarios e forestais; isto é madeira, explotacións gandeiras etc., por tanto, estes terreos teñen un valor concreto en si mesmos por eses usos forestais e ese valor é definido polos técnicos municipais. Nestes terreos rústicos a lei permite, ademais deses usos agropecuarios, tamén a creación de dotacións para os municipios ou administracións en aras do interese xeral; é dicir: aí pódese construír un centro integral de saúde por ser unha dotación de interese xeral imprescindible para o noso pobo.
6. Finalmente, instamos ao BNG da Guarda que abandone o seu política de fake news, de noticias falsas, e faga o seu traballo con seriedade e sen manipulación da verdade. Pero pouco ou nada se pode esperar de Anxo Baz e o seu BNG. Se non queren apoiar os proxectos positivos para a Guarda como este Centro Integral de Saúde non lle pedimos que os apoie, pero polo menos non tente torpedealos, porque estes proxectos son bos para toda a cidadanía do noso pobo.
Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario