31 de out. de 2024

A GUARDA

Escolares de A Guarda decoraron cabazas para celebrar o Samaín

Os traballos presentados poden ollarse nas prazas de Avelino Vicente e do Reló


Creatividade e imaxinación, ingredientes principais das cabazas decoradas polos escolares e que poden ollarse na vila de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Samaín chegou as rúas da vila. E fíxoo con arte e creatividade, grazas ao alumnado dos diferentes centros de ensino de A Guarda. Dese xeito, ducias de cabazas xenialmente decoradas, adornan as prazas de Avelino Vicente e do Reló, respectivamente. 

 Realmente quedaron terroríficas!, afirman desde o goberno local.

 Asemade, na tarde deste xoves, 31 de outubro, tamén tivo lugar polas rúas da vila o Roteiro do Terror, que xerou moita algarabía e liberou moita adrenalina, entre a cativada guardesa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario