29 de out. de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda denuncia vandalismo e roubos do mobiliario urbano 


  
Fotos: Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda  

 O goberno municipal, que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero, fixo pública este martes día 29 de outubro, á seguinte nota:

 "O Concello de A Guarda quere denunciar publicamente o vandalismo con roubos e danos ao mobiliario urbano que se sofre desde hai semanas.

  



 As rúas máis afectadas son a rúa Tui e a rúa Brasilino Álvarez, onde se levou a cabo un roubo de catro papeleiras, con valor de 750€ cada unha delas. Ademais, leváronse e destrozaron plantas ornamentais. Outras accións vandálicos sufridas son a queima e danos nos contedores.  

 Estas accións van contra todos os guardeses e guardesas, xa que só conseguen ensuciar e aumentar o gasto na reparación ou substitución do mobiliario e ornamentación, mentres todos e todas desexamos unha vila limpa e bonita.  

 Por todo isto, o Concello iniciou as investigacións oportunas e pedimos a colaboración cidadá tanto para coñecer aos autores dos danos, como para manter limpo e coidado a nosa vila."

Ningún comentario:

Publicar un comentario