24 de out. de 2024

A GUARDA

Un obradoiro de video activismo leva a concienciación climática ao IES A Sangriña 

  

Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato participaron neste obradoiro onde elaboraron diferentes pezas audiovisuais en grupo

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O día 24 de outubro, celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático para recordar como este fenómeno supón un incremento de eventos climáticos extremos, aumento da temperatura media e do nivel do mar, o que afecta a cultivos e a vida diaria.  

 Neste senso, o Fondo Galego de Cooperación a través da ONG Agareso, vén de levar a cabo un obradoiro audiovisual de video activismo no IES A Sangriña.  

 Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato participaron neste obradoiro onde elaboraron diferentes pezas audiovisuais en grupo. Os vídeos, dun minuto de duración, tratan sobre propostas para un futuro sostible ou denuncias das acción individuais e/ou colectivas que danan o medio ambiente.   

 En total, realizáronse catro pezas: "Unha batalla épica", "Consciencia do uso dos recursos naturais", "Un pequeño gesto puede cambiar el mundo", "Modas fugaces, consecuencias a largo plazo". Estes abordan temas como a moda rápida, o coidado do medio ou como non malgastar os recursos naturais.   

 Estes vídeos participarán agora no concurso #PeopleOfTheFuture que ten como premio unha experiencia na natureza para os gañadores (kayak, escaladas,...).  

Ningún comentario:

Publicar un comentario