‘Etéreo’: un sorprendente espectáculo de maxia
• Este sábado, 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural. Entrada libre ata completar a cabida do salón de actos
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público que o próximo sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural, haberá un espectáculo de maxia, que leva por título xenérico Etéreo.
Trátase dunha nova creación de Samuel Moreno, un mozo do Baixo Miño que xa mostrou a súa maxia por diferentes canles de televisión, así como en vilas e festivais de España.
Etéreo é un espectáculo de maxia, rompedor e participativo, onde todas as decisións tomadas polo público levarán a un final único en cada función. Este espectáculo non está recomendado para menores de 5 anos.
Na súa actuación Samuel Moreno mestura á maxia co humor, música e tecnoloxía, para sorprender ao público e crear unha experiencia adaptada ao século XXI.
Entrada libre ata completar cabida do salón de actos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario