27 de set. de 2024

ECONOMÍA

A CIG-industria desenvolverá concentracións simultáneas diante das empresas da automoción de Vigo, Ourense e Pontevedra 

 O martes 1 de outubro de 2024, de 13:30 a 14:30 horas (nos cambios de quenda)




Infogauda / Galiza

  O martes 1 de outubro de 2024, de 13:30 a 14:30 horas (nos cambios de quenda), a CIG-industria desenvolverá concentracións simultáneas en todas as compañías da automoción galega -tanto de fabricación como de compoñentes- para sensibilizar os cadros de persoal das graves ameazas que enfronta o sector (cos conseguintes riscos para o emprego) e alertar as empresas ante o futuro incerto que teñen por diante como consecuencia da parálise na industria do coche eléctrico, do escurantismo de Stellantis a respecto dos plans para a planta de Vigo e da falta dunha política industrial por parte da Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario