A IGREXA PARROQUIAL DE A GUARDA ACOLLEU O III FESTIVAL SONS DA GUARDA
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Organizado polo Coro Cantábile, coa colaboración do Concello de A Guarda e a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, vén de celebrarse o III Festival Sons da Guarda.
Como polo de agora non podemos falar de auditorio municipal, porque este non existe como tal e coidamos que ainda non hai visos de que sexa unha realidade a medio prazo - entendido como tal, no actual mandato de Goberno municipal -; a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda acolleu o devandito festival, no cal participaron o Coro Cantábile, a Rondalla Antorcha, Avelino Ferreira López e María José Baz Martínez.
Logo da presentación do evento, efectuada por Gloria Mª Rodríguez Pacheco, fixo súa entrada o Coro Cantábile, e dirixido por Avelino Ferreira López, interpretou:
• Stabat Mater, de Zoltán Kodály.
• Estamos, de Fernando Delgado e Esteban Tozzi.
• The Lion Sleeps Tonicht, de Solomon Linda.
A continuación foi o turno da Rondalla Antorcha, que interpretou:
• Engañada, de Tito Barrera Arias / Luis Abel Takahasi Nuñez.
• Chiquitita, de Abba.
• Popurri. Fragmentos de cancións de varios autores.
Seguidamente foi a actuación de Avelino Ferreira, que interpretou:
• Concerto par oboe, en re menor, de Alessandro Marcello.
I - Andante spicatto.
II - Adagio.
III - Presto.
• Oblivion, de Astor Pantaleón Piazzolla.
Logo de Avelino Ferreira, actuou María José Baz Martínez, interpretando:
• Hasta el cielo (Letra: Estrella Velasco - Música: Mª José Baz).
• Mi poema de amor (Letra: Estrella Velasco - Música Mª José Baz).
E finalmente, o Coro Cantábile actuaría novamente, interpretando:
• Ave María, de Bach - Gounod.
• Nino Bravo en concierto (Arranxos: Manuel Calero).
• Siyahamba. Tema tradicional zulú.
Ademais dos respectivos agasallos conmemorativos, que en nome do Coro Cantábile, Jorge Fernández Baz, presidente de Cantábile, entregou a cada grupo e intérpretes, así como ao sancristán Manuel Martínez Alfonso; o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, dirixiu unhas palabras a todos participantes no III Festival Sons da Guarda, agradecendo súas respectivas participacións, e tamén ao respectable público, pola súa asistencia. E en nome do Concello de A Guarda, fixo entrega duns agasallos a cada grupo (Coro Cantábile e Rondalla Antorcha) e a cada músico participante (Avelino Ferreira e María José Baz).
Queremos salientar que ainda que non se completou o aforo do templo, as persoas que asistiron desfrutaron coas interpretacións realizadas, tanto na primeira como na segunda parte do festival, premiando con merecidos aprausos todas e cada unha das interpretacións.
Asemade, deixamos constancia que todas aquelas persoas que o desexen poden sumarse ao Coro Cantábile, como así o manifestou o presidente desa entidade cultural, quen tamén manifestou que está formándose un coro infantil. Dese xeito, todas as persoas que queiran levar a seus pequenos, poden contactar con Avelino Ferreira.
O III Festival Sons da Guarda tamén foi unha nova oportunidade para relembrar a José Luis Lorenzo Rodríguez, cuxo labor musical ao longo de moitos anos, deixou unha grata memoria entre á cidadanía de A Guarda. El foi, sen dúbida, unha das persoas que máis contribuiu a que á mocidade da nosa vila tivese na música coral unha boa razón para á amizade e as boas vibracións. Ese labor é impagable. Moitas grazas José Luis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario