27 de ago. de 2024

VAL MIÑOR

Xeira Alén Miñor IEM

A Barbanza 5, 6 e 7 de outubro de 2024

Concellos de Noia, Lousame e Muros




IEM / Val Miñor

 Como noutras ocasións, alternaremos diferentes locacións e temáticas.  

 Haberá moita paisaxe costeira mesturada con elementos etnográficos e arqueolóxicos.  

 Faremos un par de paseos (alternativa para os que non queiran camiñar) recompoñedores de corpo e espírito por bosque mixto de frondosas e por atalaias costeiras de esplendorosas vistas.  

 Visitaremos unha vella papeleira de máis de dous seculos e medio; a fraga e fervenza do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos; canastros de moito cumprimento; a vila medieval de Noia e a vila mariñeira de Muros; o Pico Muralla e falaránnos dos senlleiros sombreiros sancosmeiros.  

 Coma sempre, non desbotedes algunha visita non prevista en función do tempo.  

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA  

 Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276 816 

Prazas mínimas: 38 

Aberto o prazo de inscrición até un total de 50 prazas. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira. 

 As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma. 

PREZO SOCIOS/AS: 185 euros. 

PREZO NON SOCIOS/AS: 199 euros. + 25 euros habitación individual. 

Interesados /as consultar prezos habitación tripla 

Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164 

 O prezo inclúe autobús, hotel sábado noite, domingo noite e almorzo do domingo e luns, xantar sábado, domingo e lúns, visitas e guías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario