14 de maio de 2024

TUI

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente




Infogauda / Tui

 O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do programa, que se dará a coñecer en breve, que se desenvolverá con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.  

 A I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente sairá ás 11.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un percorrido sinxelo pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, Praia de Areeiros, Paseo Fluvial, nova Ponte sobre o río Louro,  Comandancia Naval, e Paseo Fluvial. Será unha actividade festiva e popular que busca ao tempo concienciar sobre o cambio climático. Ao longo do percorrido contarase coa participación de Anxo Moure coa súa ciclo-biblioteca, e ao remate, ás 12.45 h no Paseo Fluvial, ofrecerá o contacontos “Pedaleando contos”.  

 As persoas interesadas deben inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal tui.gal de forma gratuíta. Ao remate da marcha haberá un agasallo para todas e todos os participantes. A inscrición está aberta dende mañá mércores, 15 de maio, até as 23.30 h do xoves 30 de maio. Será obrigatorio levar casco, e as e os menores de idade deberán ir acompañados por unha persoa adulta.  

 No desenvolvemento desta actividade o Concello de Tui conta coa colaboración do Club Ciclista Locos por las Bicis, da Policía Local e de Protección Civil de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario