25 de maio de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

O GRUPO DE TEATRO "CHIRLOMIRLO" VAI POÑER EN ESCEA "DON JUAN"

O vindeiro venres, 31 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Goián




Infogauda / Goián (Tomiño)

 A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza, de Randufe, informa que a vindeira actuación do seu grupo de teatro "Chirlomirlo", vai ter lugar no Auditorio de Goián, (concello de Tomiño) o vindeiro venres 31 de maio ás 21:00 horas, e vaise representar a particular versión teatral do mito de "Don Juan". 

 Trátase dunha actuación benéfica para recadar fondos para o colexio San Xerome, de A Guarda. O diñeiro que se recade irá para o proxecto "Fogares SanXe".

Ningún comentario:

Publicar un comentario