A Xunta premia os podcast sobre Luísa Villalta de centros educativos de Cedeira, A Estrada, Malpica, Santiago, O Rosal e Vigo
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visitou o Colexio CPI Manuel Suárez Marquier, no Rosal, que acadou dous premios neste certame
Infogauda / O Rosal
A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de seis centros educativos cos premios do VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que cada ano homenaxea ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas e desta vez se centra na figura da escritora, filósofa, violinista e activista Luísa Villalta. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Centro Público Integrado Manuel Suárez Marquier do Rosal, que obtén dous premios (na modalidade de 5º e 6º de Primaria e na de 1º e 2º de ESO) para felicitalos polo seu traballo.
Os proxectos galardoados abordan aspectos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada, como o estímulo da lectura da poesía, a relación da literatura e a música ou as mulleres nas Letras Galegas e na literatura galega, entre outros.
A relación de centros galardoados, e os seus respectivos podcasts, é a seguinte:
Ed. Infantil
CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Xogando con violinos.
1º e 2º de Ed. Primaria
CEIP Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña). Luísa Villalta. Veladas poéticas.
3º e 4º de Ed. Primaria
CEIP do Foxo. A Estrada (Pontevedra). Teoría do xogo.
5º e 6º de Ed. Primaria
CPI Manuel Suárez Marquier. O Rosal (Pontevedra). Luísa Villalta. Poesía e música.
1º e 2º de ESO
CPI Manuel Suárez Marquier. O Rosal (Pontevedra). Mulleres no Día das Letras Galegas.
3º e 4º de ESO
IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago de Compostela (A Coruña). Luísa Villalta,
Bacharelato
IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago de Compostela (A Coruña). Luísa Villalta.
Outras ensinanzas
CMUS Profesional de Vigo, de Vigo (Pontevedra). Scherzo_RAP.
Cada centro premiado recibe un premio de 1.250€, un 25% máis ca o ano pasado, que deberán destinarse a melloras na radio escolar ou actividades relacionadas ca mesma. A Radio galega colabora, un curso máis, neste certame. Deste xeito, os traballos premiados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio. Ademais, o alumnado galardoado terá a oportunidade de visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela.
O concurso está dirixido aos 195 centros públicos participantes no programa Radio na Biblio, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, así como outros centros que traballan xa co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica, e enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario