27 de maio de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBROU ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A asemblea xeral extraordinaria para as eleccións a xunta reitora, será o vindeiro día 29 de xuño





José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 O pasado sábado día 25 de maio,  no salón de actos da casa da Comunidade de Montes de Camposancos, celebramos asemblea xeral ordinaria, coa asistencia de 85 comuneiros. 

 Debatéronse 11 temas na orde do día sendo todos aprobados por unanimidade. 

 Tratáronse asuntos que poden ser moi interesantes para o monte: creación dunha granxa escola en Chans; un convenio a tres años con Xeremprego; convenio con Retevisión,...   

 Convocáronse eleccións a xunta reitora, abrindo prazo para que os veciños interesados en gobernar a Comunidade de Montes de Camposancos formen candidatura e se presenten. A data marcada para a asemblea xeral extraordinaria para as eleccións, é o vindeiro día 29 de xuño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario