9 de maio de 2024

A GUARDA

A Concellería de Cultura da Guarda convoca un concurso de fotografía 

 Haberá tres categorías: Premio Costiña, para fotografías en b/n;  Premio Mazaracos, para fotografías a cor; e Premio Libertimaxe (para fotos de tema e técnica libres)




Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura do Concello de A Guarda convoca un concurso de fotografía. Unha iniciativa aberta a tódolos participantes que teñan interese na fotografía

 O concurso diferencia tres categorías, unha para fotografías en branco e negro (Premio Costiña); outra para paisaxes do noso municipio en cor (Premio Mazaracos); e unha terceira que permite a temática e técnica libre (Premio Libertimaxe). Cada unha delas estará dotada cun premio de 250€ para a proposta gañadora.  

 Ata o 15 de xuño está aberto o prazo para recibir propostas para o concurso de fotografía Mirando A Guarda. 

 Os interesados en participar deben remitir a folla de inscrición que se atopa ao pé desta noticia xunto coa fotografía ou fotografías elixidas á dirección de correo electrónico cultura@aguarda.es  

 É preciso ter lidas as bases e aceptalas na súa integridade.  

 Coas propostas finalistas e gañadoras realizarase unha exposición na nosa vila nos meses de verán.

DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN 

 CONSULTAR BASES E CONDICIÓNS

Ningún comentario:

Publicar un comentario