23 de maio de 2024

A GUARDA

Obradoiro musical en familia, dirixido as persoas mais miúdas dos fogares 

 Será o sábado 8 de xuño, en horario de mañá, na Casa dos Alonso. Actividade de balde. Prazas limitadas




Infogauda / A Guarda  

 A concellería de Cultura do Concello de A Guarda oferta un obradoiro musical dirixido á primeira infancia, aquelas crianzas entre 1 a 4 anos,  que será o sábado 8 de xuño en horario de mañá. O obxectivo é achegar a música mediante a estimulación sensorial, tecendo e sementando o vínculo musical e afectivo nestas idades tempranas. E para iso conta co traballo da Escola Musical Lili, radicada na nosa vila dende fai dous anos.  

 A actividade está pensada para ser desenvolta en familia, de xeito que cada neno debe vir acompañado dun adulto, preferentemente a nai ou pai que participará activamente no obradoiro. As familias cantarán, tocarán, educarán o oído, o sentido do ritmo, todo elo través do xogo e da implicación activa.  

 Dado o carácter participativo da proposta a participación está limitada e segmentada por idades separando as sesións en dous grupos:  

As crianzas de 1 a 2 anos realizarán o obradoiro nunha sesión ás 10,30h.  

As crianzas de 2 a 3 anos realizarán o obradoiro nunha sesión ás 11,30h.  

 Aquelas familias interesadas deben inscribirse previamente escribindo a liliescuelademusica@gmail.com ou chamando ao 698 197 305. A actividade é de balde. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario