18 de maio de 2024

A GUARDA

A conselleira Martínez Allegue avanza ao alcalde de A Guarda a adxudicación da redacción do proxecto para habilitar a senda ao redor do Monte Santa Trega 

 O orzamento para a redacción do proxecto ascende a 18.125 € e a previsión é que estea entregado para supervisar en outono deste 2024


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue vén de manter un encontro co alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e membros do Goberno municipal
Foto: X.G.

Infogauda /  A Guarda

 A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter un encontro o pasado martes 14 co alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, no que lle trasladou o compromiso da Xunta para a habilitación da futura senda ao redor do Monte Santa Trega.  

 Na reunión, Martínez Allegue avanzoulle ao rexedor a adxudicación da redacción do proxecto deste itinerario, que discorrerá ao redor do Monte Santa Trega aproveitando a traza da PO-352 A Guarda-Camposancos, nun treito de aproximadamente cinco quilómetros e permitirá unir os tramos de beirarrúa existentes.  

 O orzamento para a redacción do proxecto ascende a 18.125 € e a previsión é que estea entregado para supervisar en outono deste 2024. As obras financiaranse con fondos FEDER 2021/2027 para a execución de sendas peonís e ciclistas.   

 A conselleira puxo en valor esta ambiciosa actuación que, ademais de poñer á disposición da veciñanza unha nova infraestrutura sostible, constituirá un novo atractivo turístico para o concello, “xa que permitirá completar un percorrido circular arredor deste monte”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario