15 de maio de 2024

A GUARDA

A senda arredor do Trega, cada vez máis lonxe de ser unha realidade  

· Ante a inacción da Xunta de Galicia, o anterior goberno socialista reservara unha partida económica do Plan de Turismo (PSTD) para dar inicio á senda arredor do Trega.  

· Agora, os Populares, deciden eliminar as actuacións na senda, e destinan ese diñeiro á creación dun aparcamento disuasorio no Museo do Mar e a conectar a senda Litoral coa das Cetáreas.


Infografía da senda arredor do monte Trega
Fonte: G.M.S.

Grupo Municipal Socialista / A Guarda

 A través desta nota de prensa, desde o Grupo Municipal Socialista, queremos facer unha serie de aclaracións en relación á situación da senda arredor do Trega. 

 No Plan de Turismo, a través do que acadamos 1.000.000€ para diversas actuacións en materia de turismo, destinábase unha cantidade de diñeiro para dar inicio á senda arredor do Trega. 

 Dediciuse apostar por esta actuación porque a Xunta de Galicia, ente a quen realmente lle compete levar a cabo esta obra, leva incumplindo ao longo dos últimos anos e de forma reiterada, as súas promesas de construíla. 

 Xa en 2018 o Director Xeral de Infraestruturas de Xunta, aseguráballe a Antonio Lomba que sacarían unha liña de subvencións para sendas que nunca chegou a publicarse. En 2020 a Conselleira de Infraestruturas (Ethel Vázquez) comprometíase tamén, neste caso, a valorar incluír a nosa senda nun Plan de Sendas do Baixo Miño a través de fondos europeos (FEDER 2021-2027), promesa que volveu a incumprirse.  

 En vista dos antecedentes, os socialistas decidiron reservar unha partida orzamentaria para a senda dentro do Plan de Turismo, para desta forma, dar inicio ás obras e forzar á Xunta de Galicia a destinar fondos para a mesma, replicando a mesma estratexia que se seguira coa reforma do Pavillón Municipal, para o que ao principio a Xunta non quixo destinar nin un euro, e logo, unha vez o Concello e a Deputación puxeron fondos, viuse obrigada a facelo. 

 O Partido Popular publicaba unha nota de prensa en novembro de 2023 sacando peito porque Ethel Vázquez tamén lles prometera a eles/as incluir a senda nos próximos fondos FEDER (sónanos esa resposta…), o que polo de pronto nos di que, como mínimo, ata despois de 2027 a Xunta non prevé en ningún caso, abordar esta obra…se é que realmente a inclúe, cousa que, visto o visto, xa dubidamos. 

 E agora, observamos estupefactos/as como desde o Concello se decide que a cantidade coa que se pretendía dar inicio a esta obra, crucial para A Guarda e Camposancos tanto a nivel turístico como a nivel de seguridade viaria, se vai a destinar a facer unha obra que desde logo non ten a urxencia nin a importancia que pode ter a da senda arredor do Trega. 

 Preto de cumprirse un ano deste novo goberno, non deixamos de asombrarnos coa falta de consideración cara á cidadanía e o pouco sentido común que aplican ás súas políticas. 

 A Guarda, a 13 de maio de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario