19 de abr. de 2024

O ROSAL

Máis de 20 especies identificadas polo seu canto, nas rutas da lingua das aves  

 O Concello celebra o grande éxito de participación na iniciativa, que tivo que organizar dúas saídas tras a gran demanda por parte do público   


Lorena Franco e Manu Sobrino, co grupo de persoas participantes no obradoiro ‘A lingua das aves’, organizado polo Concello do Rosal

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Grande éxito de acollida da nova edición do obradoiro ‘A lingua das aves’, unha interesante ruta pola Senda de Pescadores dende o parque do Tamuxe ata a área recreativa das Aceñas na que as persoas participantes puideron descubrir da man de Lorena Franco Díaz, de Biophilia, e de Manuel Sobrino Senra (Manu), de El Naturalista Cojo.  

 “A resposta da veciñanza foi enorme, enchendo moi rápido as prazas e incluso tendo que ampliar nunha xornada máis a ruta ante a alta demanda. Un interese que amosa o profundo interese que rosaleiras e rosaleiros teñen pola natureza e a nosa contorna natural”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez Alfonso. 

 Durante estes encontros, as persoas participantes aprenderon a identificar ás máis de 20 especies que se atoparon ao longo dun percorrido dun quilómetro totalmente accesible, descubrindo que aves viven na contorna e aprendendo poñendo o oído como e por que chían.  

 Tras estas rutas guiadas, se elaborou unha listaxe con todas as especies de aves identificadas na actividade para que a xente participante poida consultada despois na casa e continuar coa súa aprendizaxe sobre a fauna da contorna. A concelleira amosa a súa satisfacción pola grande acollida da actividade, “unha iniciativa que agardamos que fomente o amor pola natureza, inspire a rosaleiros e rosaleiras para protexer a biodiversidade local e promova un estilo de vida saudable e sostible no noso concello”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario