ATLETISMO
Os irmáns Sierpes, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), tamén colleitan éxitos en Portugal
• Álex Sierpes Pereira, coroouse como vencedor da milla na categoría Sub18, en Eiras (Coimbra)
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Logrando brillo e récords, o sábado en Coimbra e o domingo en Braga, sobre circuítos homologados pola Federação Portuguesa de Atletismo na milla (1.609 metros) e 5km en roteiro, que disputaba o campionato nacional luso Sub18, é o resumo do labor realizado polos irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira, de A Guarda.
En todo caso, hai que comezar decindo que o sábado de tarde, na freguesía de Eiras (Coimbra), Álex Sierpes Pereira, cun tempo de 4:24, e unha media por ritmo km a 2:40, coroouse como vencedor da milla na categoría Sub18. E ademais establecendo un novo récord do circuíto como o corredor máis rápido de todas as categorías na súa historia de vida da proba, rebentando ao mesmo tempo o récord galego da distancia que anteriormente posuía o atleta coruñés Ero Doce González, que o establecera no ano 2013 en 4:35. Desta maneira o locutor que retrasmitía a proba cualificou a Sierpes como "O portento español".
A prata estaría reservada para o seu irmán Christian Sierpes Pereira, que este ano defende as cores do Club Atletismo Narón, de A Coruña, o cal é o actual equipo filial da nosa entidade, entrando en meta cun crono de 4:49, mellorando súa marca persoal.
Doutra banda, o domingo pola mañá, nas rúas de Braga correrían o 5km en roteiro, sobre un circuíto urbano homologado pola Federação Portuguesa de Atletismo, que disputaba o campionato nacional de Portugal Sub18. Hai que decir que nos deixaron competir como convidados, pero renunciando aos premios e aos títulos a non dispoñer da nacionalidade portuguesa. Pero, aínda así, non foi impedimento para os irmáns Sierpes, sendo conscientes das restricións coas que partían antes do inicio, para encarar a proba e saír a competir a un nivel de esixencia moi alto, a pesar de que era a primeira vez que dispoñíanse a enfrontarse a esta distancia da modalidade en roteiro.
Álex entraría en meta en primeiro lugar facendo case toda a proba en solitario, establecendo un tempo de 15:16, cunha media de 3:03 por quilómetro de ritmo de carreira, onde sorprendentemente volvería facer a mellor plusmarca galega por partida dobre no 5km en roteiro que a posuía anteriormente Asheber Díaz en 15:43.
Christian entrou en meta en 5ª posición na clasificación xeral do campionato luso cun rexistro de 16:12, onde na proba, Alfonso Gómes, do Atletismo - Sporting Clube de Braga, entraría en segunda posición o cal fíxose co título estatal cun tempo de 15:37.
Ao finalizar esta proba, a maioría dos participantes chegaban ao mesmo punto de análise da carreira, explicando que na primeira parte do circuíto picaba moito cara arriba, e a segunda parte azoutaba o vento en contra.
Agradecer á Federação Portuguesa de Atletismo e os seus organizadores, por deixar participar aos nosos atletas como convidados.
Felicidades mozos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario