O Concello de A Guarda organiza un obradoiro de elaboración de perfumes vexetais
• Será o día 21 de abril de 10:30 a 13:00, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro, na súa IV edición, que comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.
A actividade organizada polo Concello de A Guarda, elaboración de perfumes vexetais, farase o día 21 de abril de 10:30 a 13:00, na Casa dos Alonso.
Este obradoiro tratará da análise ambiental de perfumes e cosméticos convencionais, e a elaboración de productos artesanais, con recetas doadamente reproducibles.
As persoas deberán apuntarse chamando ao concello no 986 61 00 00 ou a través do correo medioambiente@aguarda.es
Desde á organización do devandito obradoiro, pregan que a poder ser, os asistentes leven un bote pequeno de cristal, reutilizado de un cosmético ou do aceite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario