O COLOR RAIN FESTIVAL CELEBRARASE NA GUARDA
• O día 29 de xuño de 2024
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público a seguinte nota:
Ide reservando nas vosas axendas o próximo 29 de xuño, porque nesa data terá lugar o Color Rain Festival, un evento que mesturará deporte e diversión.
Poderase desfrutar de música, zonas de animación e dinamización, zumba e así como de outras moitas sorpresas.
Ademais, o Color Rain Festival terá unha cara solidaria a favor do Proxecto FoGaReS SaNXe.
As inscricións abriranse o próximo mércores 17 de abril ata o 31 de maio na páxina web: www.colorrainfestival.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario