Apertura do prazo de inscrición para a Escola de Patinaxe
• Para rapaces e rapazas de 5 a 16 anos
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para a inscrición de rapaces e rapazas de 5 a 16 anos na Escola de Patinaxe.
A actividade levarase a cabo a partir de febreiro e ata maio e terá lugar no pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, os venres de 18:30 a 19:30 e de 19:30 a 20:30.
Para inscribirse terá que cubrirse o correspondente formulario durante o mes de xaneiro.
Información no seguinte enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario