17 de ago. de 2023

O ROSAL

O PIANISTA SERGIO DE MIGUEL CHEGA ESTE SÁBADO AO ROSAL CO SEU CUARTETO DE JAZZ   

O concerto de ‘QuédeQué’, previsto para este venres, adíase ata o venres 1 de setembro, a causa da previsión de chuvia   




Infogauda / O Rosal

 Sergio de Miguel Cuarteto chegará ao Rosal este sábado, 19 de agosto, ás 21:00 horas, para ofrecer un concerto de jazz na Abadía de Eiras. Este concerto enmárcase no programa de verán de Cultura polos Barrios.  

 O pianista vigués, Sergio de Miguel, é un dos grandes talentos mozos do panorama musical galego actual. Formado nunha das escolas de jazz máis prestixiosas do mundo, a estadounidense Berklee College of Music, recibiu premios como o Yamaha Young Performing Artist ou o Premio Martín Códax da Música como Artista Emerxente.  

 No concerto deste sábado, estará tocando pezas do seu último disco - Atlántica -, no que fusiona a música tradicional galega con flamenco, jazz, e música clásica e contemporánea.  

 Pola súa banda, o concerto de ‘QuédeQué’, previsto para este venres en San Vicente, de Marzán, será aprazado ata o 1 de setembro, ás 21:00 horas, a causa da previsión meteorolóxica. 

 ‘QuédeQué’ é un experimentado grupo de rock do Rosal, liderado por Roberto Caco, que ofrecerá un repertorio de versións de cancións pop e rock do anos 70 e 80. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario