27 de feb. de 2023

GOIÁN (TOMIÑO)

QUE VEMOS CANDO MIRAMOS AO CEO?

 Unha película aclamada pola crítica 

 Este xoves, día 2 de marzo, ás 20:30 h., no auditorio de Goián




Rita Alonso / Goián

 O xoves, 2 de marzo, ás 20:30 h., no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro vai proxectar Qué vemos cuando miramos ao ceo?, unha película dirixida por Alexandre Koberidze. Coproducción Georgia-Alemania (2021), de 150 minutos. 

Sinopse: 

 Unha xove parella decide citarse nun bar logo de coincidir varias veces pola rúa. Pero, coma nun conto de fadas, vítimas dunha extraña maldición, o día do encontro transmutaron a apariencia e son incapaces de recoñecerse.  

 Un fermoso conto de fadas moderno que asombra pola beleza e a calma.

Premios: 

Festival de Berlín. Premio Internacional da Crítica, 2021.  

Festival Mar de Plata. Premio especial do Xurado, 2021. 

Festival de Sevilla: Mellor fotografía.

AFTERSUN

 O xoves 13 de abril chegará o filme Aftersun,  da británica Charlotte Wells.  

Sinopse: 

 Sophie reflexiona sobre a alegría compartida e a melancolía privada dunhas vacacións que fixo co seu pai 20 anos atrás. Os recordos reais e imaxinarios enchen os espazos entre as imaxes mentres tenta reconcialiar ao pai que coñeceu co que non coñeceu .

TORI E LOKITA  

 O xoves 4 de maio, Tori e Lokita, dos cineastas belgas Jean Pierre e Luc Dardene. Unha denuncia sobre as mafias que explotan aos inmigrantes máis vulnerables premiada en Cannes.

CLOSE    

 O xoves 1 de xuño, a película belga Close dirixida por Lukas Dhont. Un poema sobre a amistade, o duelo e a culpa, protagonizada por dous amigos de 13 anos tratada con gran sensibilidade. 

Premio: 

Gran Premio do xurado no festival de Cannes, 2022.  

Bono socio para as catro películas 12 euros.

 O Cineclub Poleiro  conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario