27 de nov. de 2020

VIGO

DEMSU DOA 165 PANTALLAS PROTECTORAS HOMOLOGADAS AO HOSPITAL  ÁLVARO CUNQUEIRO   

 

Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, cos representantes de  DEMSU, Carlos Alves e Javier  Berbel

 

Infogauda / Vigo

 O Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu 165 pantallas protectoras para combater a epidemia da  Covid19, doadas pola empresa galega  DEMSU. S.A.   

 Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, quixo estar presente cos representantes de  DEMSU, Carlos Alves e Javier  Berbel, que entregaron as pantallas protectoras, e explicaron as características das mesmas, onde destacaron que:  

•    Non se embazan 

•    Non apertan 

•    Non pesan 

•    E están homologadas coa normativa  EPI  EN166:2011  

 Deseño e Modelado de Superficies S.A. (DEMSU SA) dedícase ao deseño de  moldes para inxección, principalmente para o sector da automoción, que este ano 2020 cumpre 25 anos de experiencia. Como consecuencia da Pandemia, a Responsabilidade Social Empresarial da empresa decidiu dedicar recursos en I+D+i para obter este produto, cuxa relación calidade/prezo superou as expectativas (9,5€+IVE).  

 A dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro manifestou o seu agradecemento comprobando a robustez e lixeireza das pantallas, o visor ten 1,5mm e cobre tamén os oídos, así como o acerto nas cores alegres que deben ser usados cos pacientes e permiten identificar diferentes áreas. Inmediatamente asignaron as 165 pantallas ás unidades de otorrinolaringoloxía, anestesia e críticos.  

 Javier Puente agradeceu aos representantes de  DEMSU o produto e interesouse polo custo para poder dotar a máis persoal do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario