PATINAXE
A tomiñesa Anahí Álvarez Guerner, subcampioa galega de patinaxe artística
A patinadora partirá pra Tarragona para competir no Campionato de España
Podio de Anahí Álvarez Guerner no Campionato Autonómico Galego
Fotos: C.T.
Infogauda / Tomiño
Os deportistas tomiñeses continúan logrando victorias. Desta vez foi a patinadora Anahí Álvarez Guerner, pertencente ao Club de Patinaxe Artística Valladares, de Vigo, que a semana pasada proclamouse subcampioa galega de patinaxe artístico no Campionato Autónomico Cadete-Senior Libre e Solo Dance categoría Nacional, disputado no pavillón de Sirves, en Ribeira (A Coruña), na categoría de ‘Free Skating Ladies Junior’ (Patinaxe Libre Feminina Junior).
A deportista tomiñesa ten xa os ollos postos na súa vindeira cita deportiva en Tarragona, a onde viaxará o vindeiro día 13 de decembro para participar no Campionato de España.
Desde o Concello de Tomiño queren transmitir os parabéns á patinadora polo seu recente éxito, froito dun gran esforzo e dedicación, ademais de desexarlle moita sorte na vindeira competición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario