30 de xan. de 2020

A GUARDA

O BNG LEVA AO PLENO DO CONCELLO A SITUACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA   

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O Concello debe apoiar a manifestación en defensa da sanidade pública que se vai celebrar o día 9 en Santiago de Compostela”


Anxo Lois Baz Vicente, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Desde fai un tempo a esta parte, moito máis do que podería considerarse asumible, a dotación de persoal facultativo no Centro de Saúde de A Guarda, non está sendo á que corresponde coas necesidades cotiás. Ese feito, que moitos pacientes teñen comprobado por sí mesmos, especialmente cando xurdindo unha urxencia, o médico que ía atenderlles na consulta de Mediciña primaria, ten que sair na ambulancia cara ao centro de referencia - Hospital Álvaro Cunqueiro, en Beade (Vigo) -, e ao non haber outro médico, os pacientes teñen como única opción irse de volta para seus domicilios e voltar outro día para ver se poden ser consultados. Esa lamentable e inxustificable realidade, que é de dominio público, e que afecta a toda á cidadanía, sen excepción, está dando lugar a que cada xoves, persoal do Centro de Saúde de A Guarda, membros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, pacientes e veciños da contorna, leven a cabo concentracións diante do inmoble do referido centro médico en protesta pola falla da axeitada dotación de médicos que evite situacións como a mencionada, e que tamén se producen cando os facultativos atópanse en situación de baixa, de vacacións, ou de permiso por motivos persoais, etc. 

 A vista deses precedentes, e dado que o Goberno da Xunta de Galicia, e máis concretamente a Consellería de Sanidade, non demostraron - segundo afirman moitos dos afectados -, ter vontade política de poñer solución a esa problemática, o BNG leva ao pleno deste venres día 31 de xaneiro de 2020, unha moción que na que unha vez máis demandan da Xunta de Galicia que se dote ao PAC da Guarda, dun segundo equipo médico para urxencias, así como dunha ambulancia medicalizada.   

 O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente afirmou: “Son numerosas as veces que o PAC da Guarda queda desatendido por ter que desprazarse o persoal sanitario a domicilios na Guarda, en Oia ou no Rosal, algúns deles a máis de 50 minutos. Por outra parte A Guarda está a 50 minutos do hospital máis próximo. É evidente que calquera das dúas reivindicacións son vitais para a nosa veciñanza”.

 A proposta do BNG incide tamén na necesidade de dotar ao centro de saúde da Guarda do servizo de radioloxía.  

 Ademais contempla a redución das listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos e que se publiquen as listas de espera ocultas para acabar coa súa manipulación.  

 Os nacionalistas piden tamén acabar coa política de privatizacións de recursos e de derivar pacientes as clínicas privadas de xeito innecesario, para o que esixen que se revisen os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade.  

 En definitiva - manifesta Anxo Lois Baz - o Goberno galego debe dar un xiro de 180 graos e adecuar os orzamentos da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais do nosos Centros de Saúde e hospitais públicos e dotalos do persoal necesario para garantir una atención accesíbel e de calidade”.  

 Para acabar concluíndo o portavoz nacionalista “por todo isto o Concello da Guarda debe apoiar a manifestación en defensa da sanidade pública que se vai celebrar o día 9 en Santiago de Compostela”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario