MOSQUERA AFIRMA QUE SE A PROVINCIA DE PONTEVEDRA COMPOSTASE OS SEUS BIORRESIDUOS CUMPRIRÍANSE OS OBXECTIVOS DO CUMIO DE PARÍS DE REDUCIÓN DE CO2
O vicepresidente subliñou que os concellos Revitaliza son os únicos que poderán cumprir os obxectivos de reciclar o 50% dos residuos en 2020 e animou aos demais municipios a avanzar con máis rapidez
Anunciou que o deputado Uxío Benítez incorpórase para reforzar a equipa do Revitaliza e atender o día a día da xestión
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera nunha reunión cos representantes dos concellos para facer balance do Plan Revitaliza e para enfocar os seguintes pasos a dar
Foto: D.PO.
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
“Se na provincia de Pontevedra se compostaran os residuos orgánicos que se producen, só con iso, cumpriríamos os obxectivos de redución de emisións de CO2 que se fixaron no Cumio de París”. Así o manifestou hoxe o vicepresidente da Deputación, César Mosquera nunha reunión cos concellos para facer balance do Plan Revitaliza e para enfocar os seguintes pasos a dar.
Segundo dixo o nacionalista, “hoxe estamos coCumio de Madrid, pero nós xa empezamos no 2015 intentando cumplir cos obxectivos”, poñendo sobre a mesa que nestes momentos a previsión é que varios concellos cumprirán os obxectivos marcados pola Unión Europea de en 2020 de reciclar o 50% de todos os residuos producidos: Mondariz Balneario, Mondariz, Vilaboa, O Grove e As Neves. “Pontevedra andará cerca, con zonas que cumplirán sobradamente, pero pódovos asegurar que eses van ser os únicos de Galiza e probablemente do Estado. Dos moi poucos de Europa”, dixo.
O vicepresidente amosouse optimista e indicou que será posible incluso que outros concellos dos que van aplicar a compostaxe como modelo de forma global a curto prazo cumpran coas cifras (Valga, Poio, Tomiño, e Illa de Arousa). Segundo , de feito, hai concellos nos que de reciclaxe superan claramente o 30% de mellora e nos últimos meses van en picado subindo porcentualmente de forma clara.
Con respecto ao futuro Mosquera sinalou que a cuestión fundamental é que a Deputación está en condicións de “ir máis rápido” axudando aos concellos. “Ata o de agora fomos rápido pero con pés de plomo para que non houbese situacións que creasen disfuncións. Agora co coñecemento que temos de cómo está a funcionar, cuestións técnicas e sociais, podemos garantir que podemos ir máis rápido”, explicou, pedindo ao mesmo tempo máis implicación por parte dos gobernos locais. Neste sentido, Mosquera anunciou que se vai reforzar o Revitaliza naparte do Goberno provincial e, amais do traballo dende a Vicepresidencia, incorporarase á xestión diaria o deputado Uxío Benítez “co fin de atender con máis detalle e máis mimo, porque son moitos concellos, cada vez máis, máis persoal, e máis factores a ter en conta”, subliñou.
Por último, o nacionalista gabouse asegurando que “temos un sistema que está botando a andar que é do máis rápido do mundo. Non é só que estean mirando no Estado, no resto de Galicia ou en Portugal ou en Europa. É que no resto do mundo están a mirar para este modelo. Non houbo ningún que fora tan rápido. Está dando os seus froitos e vai dar máis nunha cuestión de moi curto prazo”, finalizou.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación Carmela Silva felicitouao vicepresidente Mosquera por “poñer en marcha un proxecto valente, como o Plan Revitaliza, novidoso, que nos ten convertido nunha referencia, implicando aos concellos e á cidadanía para cambiar os hábitos e tratar os residuos sólidos de forma respectuosa”. Neste eido, Silva recordou que están implicados 44 concellos de 61 no plan que recibiu, ademais, numerosos recoñecementos internacionais.
Silva adiantou que no Cumio Mundial do Clima, ao que está convidada a Deputación de Pontevedra, se “falará da aposta da Deputación por todo o que ten que ver coa transición ecolóxicos, e o Plan Revitaliza é un dos elementos transcendentais para poder amosar ao mundo que está administración está a facer un enorme esforzo e a impulsar un proxecto claro para salvagardar o Medio Ambiente”.
Datos de reciclaxe
O asesor de residuos da Deputación Carlos Pérez foi o encargado de expoñer a alcaldes e alcaldesas e outros representantes dos concellos os datos conseguidos ata o de agora nos municipios Revitaliza máis avanzados. Insistiu en que o Revitaliza é un plan baseado na compostaxe pero que ten a vocación de afrontar a xestión de todas as fraccións do lixo.
“Baseámonos nun punto estratéxico que é a fracción maioritaria, os orgánicos, que supón un 55% aproximadamente da bolsa do lixo, e que é a parte máis ‘puñetera’ porque se degrada e pode crear problemas no colector. Atacar ese problema é atacar o punto central, por iso a compostaxe é un instrumento fundamental para mellorara xestión de todos os residuos”, insistiu.
Á hora de valorar os datos, o técnico explicou que é moi importante aplicar unha metodoloxía de cálculo que non atenda únicamente ao número total de toneladas de lixo producidas. Fixo fincapé en que é preciso ter en conta a variable demográfica (cunha marcada redución poboacional en Galiza) e tamén a relación entre o Produto Interior Bruto (PIB) e a produción de residuos, xa que ao seu entender son “ineluctables”: cando hai bonanza hai unha maior xeración de residuos e cando hai crise descenden considerablemente. Por este motivo, explicou, os datos máis fiables son os que se miden en quilogramos/habitante e día. Con ese parámetro como base explicou que en Galiza e na provincia de Pontevedra produciuse unha evolución paralela da xeración de lixo e dos envíos a Sogama dende 2011, e incidiu en que dende a aparición do Revitaliza, nos concellos máis avanzados vese claramente unha tendencia distinta -reducindo os envíos a Sogama e aumentando de forma ‘simpática’ a reciclaxede inertes-.
Con números na man, Pérez destacou que no último ano o Concello de Pontevedra mellorou a súa recollida selectiva con respecto a 2015 en máisdun 37% e, no último ano, baixou os envíos a Sogamanun 1,81%. Insistiu en que a tendencia é claramente de redución de envíos e aumento de reciclaxe, asegurando que os resultados macro notaranse aproximadamente no ano 2022 polas dimensións poboacionais e a aplicación do modelo.
No caso de Vilaboa, o concello vén de mellorar a súa recollida selectiva de inertes nun 78,55% dende 2015, de reducir os envíos a Sogama nun 16,66%, e de situar a súa taxa de reciclaxe total sumando as fraccións de papel, vidro, e envases xunto á parte orgánica no 19,41%.
As Neves é outro dos concellos Revitaliza no que se veñen contrastado os bos resultados da aplicación do plan provincial. Ao detraer a fracción orgánica cos centros comunitarios e os composteiros individuais repartidos mellorouse a reciclaxe das outras fraccións de forma ‘simpática’ nun 81,95%, reducíronse os envíos a Sogama en pretodun 11%, e a súa taxa de reciclaxe global chega ao 16,18%, subindo exponencialmente.
Mondariz tamén ten comprobado os bos resultados de aplicar a compostaxe como modelo de xestión: mellorou a súa reciclaxe de inertes nun 35,25%, reduciu os envíos a Sogamanun 11,28% e sitúa a súa reciclaxe global no 21,28%. Tamén O Grove avanza progresivamente, cunha mellora da reciclaxe inerte do 22,75% (xa que de partida había moi bos números) situando o global no 19,88%.
Finalmente, o concello que mellores datos globais ten a día de hoxe en reciclaxe é Mondariz Balneario, cun 32,15%, unha mellora do 50% na recollida de inertes e unha redución de envíos a Sogama no último ano -cando se aplicou de forma extensiva a compostaxe- de preto do 15%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario