5 de dec. de 2019

DEPORTES

BALONMÁN

PRESENTACIÓN HANDBALL CUP O ROSAL

Celebrarase o 27 e o 28 de decembro e pasa a ser un trofeo transfronteirizo coa participación do Andebol Caminha 

Presentación do Handball Cup O Rosal
Foto: C.O.R.

 Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal presentou no Salón de Plenos dúas grandes citas de balonmán no noso pobo.  

 Por un lado, o 27 e o 28 de decembro celebrarase o Handball Cup O Rosal, que pasa a ser un trofeo transfronteirizo coa participación do Andebol Caminha. Serán dous días de balonmán de canteira no que participarán os nenos e nenas das categorías alevín, benxamín e infantil e de convivencia de todos eles, xa que desfrutarán de actividades paralelas ao propio trofeo e pasarán xuntos estes dous días.  

NOVA FASE DA COPA DO REI NO ROSAL
 Ademais, seguimos facendo historia co primeiro equipo e viviremos o día 17 de decembro ás 20:45 horas, unha nova fase da «Copa do Rei» no Rosal do primeiro equipo contra o Ángel Ximénez Puente Genil.  

 Desde o Concello do Rosal danlle moitos parabéns ao Acanor Atlético Novás polo gran traballo que está a desenvolver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario