3 de dec. de 2019

A GUARDA

O RELOXO DA PRAZA DA VILA LOCE NOVA ESFERA E NOVO CERQUIÑO

Representa o modelo que había en 1926



A nova esfera e o correspondente cerquiño xa locen na Torre do Reló
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Desde finais do pasado mes de outubro ata onte día 2 de decembro, a Torre do Reló estivo desprovista da esfera do reloxo, dado que como xa informamos oportunamente, habíase deteriorado. Por varias causas, entre elas pola presenza de vexetación e polo lóxico desgaste dos materiais, sobor de todo do cerquiño, que era de cemento. Por esa razón foi necesaria á intervención de persoal da empresa viguesa - Reloxería Pagan - que no seu día había instalado o reloxo mestre dixital, que coordina a esfera e os toques de campá.

 Respondendo ás preguntas deste cronista, un dos técnicos que interviu directamente nos traballos de sustitución da esfera do reloxo, salientou que partindo dunha fotografía antiga, recuperouse o deseño que había no ano 1926. Dese xeito, calquer veciño pode comprobar que a nova esfera presenta unhas divisións entre as diferentes horas, pois así era a que aparece reflectida na referida imaxe fotográfica.

 Tamén nos dixo que nos anos 60 do pasado século, o cerquiño da esfera fora feito con cemento, o cal co paso do tempo foise deteriorando, e ademáis de haber feito posible a presenza da vexetación, estaba suxeito tan soio por uns espárragos metálicos. Por esa razón, agora o novo cerquiño está feito en aceiro inox e aluminio galvanizado, pintado de negro con pintura epoxi para exteriores. Esa foi a razón pola cal os traballos alongáronse por espazo de un mes, desde que retiraron a esfera vella e o cerquiño, e agora colocaron o cerquiño e a esfera novos.

 O mesmo técnico tamén comentounos que melloraron a sinal horaria, axustando o martelo que peta na campá da torre, tendo agora un son acorde as características dos materiais que forman parte dese mecanismo, e ademáis da todas as horas coas badaladas correspondentes, sen deixar ningunha atrás.

 Compre salientar que o reloxo da torre da praza da Vila da a hora exacta, porque está provisto dun GPS que a corrixe automáticamente cando é necesario, mesmo cando se producen os cambios de horario no outono e na primavera, amosando en cada momento o horario oficial UTC, acrónimo de Universal Time Coordinated, que en galego significa Tempo Coordinado Universal, e que antigamente chamábase "a hora no meridiano de Greenwich (GMT)" .

 Dese xeito, con todo a punto, as badaladas da festa de Fin de Ano soarán mellor que nunca na Praza do Reló, da nosa vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario