3 de dec. de 2019

A GUARDA

O COLECTIVO LGTBIQ+ TRANS MIÑO CONMEMORA O 70 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANS   

Mediante a exposición "Dereitos Humans e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xéneros" 

 Infogauda / A Guarda

 Con motivo da celebración do 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, un 10 de decembro de 1948, data aprobada polas Nacións Unidas, o Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, ven a organizar a exposición Dereitos Humanos Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero. 

 Dita exposición conta con imaxes e textos que xiran ao redor dos 12 meses do ano e aos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, facilitan á súa vez 12 efemérides vinculadas como o movemento LGTBIQ+ e información sobre a situación dos dereitos humanos deste colectivo en 12 países de diferentes continentes. 

 Os 16 paneis desta exposición, conteñen propostas didácticas que nos facilitan e convidan  a reflexionar e a tomar conciencia sobre a homofobia, fobia e transfobia  

 Dita mostra que se presentará na sala de exposicións da Casa dos Alonso dende o 4 a o 18 de decembro, colaboran o Concello da Guarda, Amnistía Internacional e a Federación Andaluza ARCO IRIS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario