No CEIP Refoxos
O Concello de Oia oferta un curso de baile galego como actividade extraescolar gratuíta
Infogauda / Oia
O Concello de Oia organiza un curso gratuíto de baile galego como actividade extraescolar durante o presente ano académico. As clases comezarán o próximo 9 de outubro e van dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
O curso desenvolveranse no CEIP Refoxos os mércores de outubro a xuño de 16:15 a 17:15 horas. As prazas son limitadas e compre inscribirse previamente.
As inscricións deberán facerse no rexistro do Concello ata o 4 de outubro. As persoas interesadas poderán informarse nos números de teléfono do Concello 986 362 125 e 639 329 493.

Ningún comentario:
Publicar un comentario