O teu Xacobeo une a música contemporánea co Camiño Portugués a través do ciclo 'En ruta'
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe en Tui este ciclo de concertos apoiado pola Xunta de Galicia que recalará tamén en Valga e Padrón
O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a iniciativa En ruta
Foto: X. G.
Infogauda / Tui
O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a iniciativa En ruta, un ciclo de concertos dentro da programación de Vertixe Sonora que unirá música contemporánea con experiencias do Camiño de Santiago, fomentando a creación de vangarda cara á tradición. O proxecto enmárcase no programa O teu Xacobeo posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo en toda a Comunidade.
En ruta comezará este domingo en Tui, continuará os días 6 e 7 en Valga e rematará o 12 de novembro en Padrón. Ademais dos concertos, desenvolveranse accións sonoras co alumnado de centros educativos de Tui, Mos, Pontecesures e Redondela. Ao fío disto, Anxo M. Lorenzo destacou que O teu Xacobeo “estase espallando desde o inicio de curso escolar por decenas de centros educativos galegos, con todo tipo de actividades vinculadas ao Camiño”.
Nos concertos tocaranse pezas de 10 compositores nun ciclo de estreas absolutas que remarca a unión natural de música e transmisión de cultura no Camiño Portugués, adaptándoa aos medios e tecnoloxías contemporáneas. A intención é implicar ao público que fai camiño, á veciñanza e aos visitantes.
O representante da Xunta lembrou que O teu Xacobeo está a celebrar outras accións musicais ao longo deste outono como Camiño de cantares, con música vocal e medieval como protagonistas, a música indie do festival Musgo, que se celebrará o19 de outubro, en Ourense; a proposta de Ateneo Barroco que inicia os seus concertos el 1 de outubro en Compostela; ou a Fundación Vicente Risco, que programa un ciclo de concertos coa gaita como protagonista de música de cámara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario