O HOTEL RESTAURANTE PAZO SANTA TECLA REABRIRÁ SÚAS PORTAS NA VINDEIRA SEMANA SANTA
Despois de facer algunhas melloras e dotalo de novos equipamentos e mobiliario
Despois de facer algunhas melloras e dotalo de novos equipamentos e mobiliario
O Hotel-Restaurante Pazo Santa Tecla está ubicado nun dos lugares máis visitados da Península Ibérica
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos (A Guarda)
Representada polo presidente da xunta reitora, José Fernando Martínez Martínez, e polo tesoreiro Domingos Portela Lorenzo, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, asinou a media mañá deste venres 27 de setembro de 2019 (Día Mundial do Turismo), unha concesión a 30 anos, do Hotel Pazo Santa Tecla, coa empresa galega Alda Rías Baixas Hotels, representada por Alberto Rodríguez Boo, director xeral desa cadea hostaleira.
De esq. a der.: Alberto Rodríguez Boo, José Fernando Martínez Martínez e Domingos Portela Lorenzo, no acto de sinatura da concesión do Hotel Pazo Santa Tecla
Foto: C.MM.VV.M.C. de Camposancos
Ademáis do presidente e tesoureiro, tamén asistiron os demais membros da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, que foron testigos do momento da sinatura do documento da concesión, xunto coa concelleira Mª Montserrat Magallanes Álvarez, do PSdeG-PSOE; Roberto José Álvarez Carrero e Conchi Ortega, concelleiro e ex concelleira, respectivamente, do PP; o avogado Rodrigo Carrera; tres emprendores da zona e un redactor gráfico.
ALBERTO RODRÍGUEZ BOO E ALDA HOTELS
Alberto Rodríguez Boo (Santiago de Compostela, 1979), é inxenieiro industrial, empresario, formador, administrador único dunha decena de empresas, entre elas Alda Rías Baixas, S. L., ademáis de ser administrador solidario de outra entidade, relacionada tamén co sector hostaleiro e da restauración.
Tras exercer como enxeñeiro por conta allea en diferentes empresas, Alberto Rodríguez Boo embarcouse nun proxecto novo que xa conta cunha década de traxectoria.
Co lema "Best price, location and service", que en galego significa "Mellor prezo, ubicación e servizo", Alda Hotels comezou súa andaina en 2009 coa apertura de seu primeiro hostel na capital de Galicia. Actualmente conta con preto de treinta establecementos hostaleiros ubicados nas seguintes cidades: Ferrol, Oleiros, Sada, Santiago de Compostela e A Coruña; Ourense; Bueu, Vigo e Pontevedra; Ponferrada, León e Salamanca; Burgos, Palencia, Tordesillas, Soria, Valladolid; e Estella (Navarra).
De momento, Alba Hotels está a se asentar no noroeste da península e, fóra dalgún hotel de praia en Galicia, sobre núcleos urbanos de certa envergadura.
Os establecementos da cadea son de tamaño pequeno, a maioría con menos de 50 habitacións e con categoría por baixo de 3 estrelas.
O emprendedor Alberto Rodríguez Boo estima que no Hotel Pazo Santa Tecla creará entre 20 e 30 postos de traballo directo.
O inversor prevé que será necesario investir máis de un millón de euros, ao tempo que manifestou ter a intención de reabrir o hotel e o restaurante para a próxima Semana Santa do ano 2020, despois de haber feito unhas melloras e instalar novos equipamentos e mobiliario.
HOTEL-RESTAURANTE PAZO SANTA TECLA
Ubicado no Pico de San Francisco, no Monte Santa Trega, na ladeira correspondente a Camposancos, o Hotel-Restaurante Pazo Santa Tecla, enclavado na oppidum prerromana do Trega, posúe unha ubicación privilexiada, xa que desde súas instalacións podemos ollar o Esteiro e a Foz do río Miño, Caminha, o Oceáno Atlántico, o Val do Rosal,...
Ademáis de habelas disfrutado persoalmente en diferentes ocasións, varios clientes dese establecemento referiron a este cronista que desde súas habitacións do Hotel Pazo Santa Tecla habían asistido os mellores abrentes das súas vidas.
Por outra parte, alí téñense celebrado eventos de todo tipo (Congresos Gallaecia, banquetes da Festa da Langosta, vodas, xantares para grupos turísticos, ceas organizadas por diferentes colectivos, ...) e mesmo actos políticos de variado signo.
Ten, segundo os datos consultados por Infogauda, unha superficie total construída de 2.149 m2, distribuídos, segundo o uso principal, do seguinte xeito:
Almacén (plata - 2): 200 m2; almacén (planta -2): 270 m2; hostaleiro (planta -2): 335 m2; hostaleiro (planta - 1): 270 m2; hostaleiro (planta - 1): 335 m2; hostaleiro (planta 00): 270 m2; hostaleiro (planta 00): 335 m2; hostaleiro (planta 01): 67 m2; hostaleiro (planta 01): 67 m2.
Coa sinatura da concesión, suscrita no día de hoxe, A Guarda vai recuperar en boa hora un emblemático establecemento de hostalaría, nun dos lugares máis visitados da Península Ibérica, como é o Monte Santa Trega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario